María Rozas: “Os remanentes de 2022 son a última demostración de que Bugallo é un alcalde incapaz”

A portavoz de Compostela Aberta cualifica de “escandaloso que o Goberno peche o ano con 24 millóns de euros sen gastar e 14 millóns de gastos pendentes”
  • CA lamenta “o novo exercicio de soberbia do PSOE, que presenta un documento de remanentes pechado e non falado con ninguén, que pretende aprobar en Pleno nas vésperas do inicio da campaña electoral”

“Os remanentes de 2022 son a mellor foto da incapacidade do Goberno, da súa pésima xestión e da deriva electoralista de Bugallo”. Así de contundente se mostrou hoxe a portavoz municipal de Compostela Aberta, tras coñecer que o Goberno do PSOE pechou 2022 con 24 millóns de euros sen gastar “mentres seguen as facturas no caixón, as subvencións sen pagar e as necesidades de Santiago sen atender”. María Rozas foi moi crítica tamén coas formas de Bugallo “que nos trae un documento de remanentes pechado que pretende aprobar en Pleno en vésperas da campaña electoral, e sen ter dialogado absolutamente nada cos grupos da oposición”.

A portavoz municipal de Compostela Aberta foi moi crítica con Bugallo, despois de coñecer o documento dos remanentes de 2022, que reflexa que o Goberno pechou o ano deixando 24 millóns de euros sen gastar e máis de 14 millóns de euros de facturas pendentes. María Rozas fixo a comparativa co anterior mandato, e lembrou que en 2017 e 2018 os remanentes rondaban os 7 millóns de euros, e as facturas pendentes apenas superaban o millón. A concelleira lembrou que “a Bugallo e a Marta Abal estes números parecíanlle escandalosos, e pechan o último ano de mandato máis que triplicando os remanentes e multiplicando por 14 as débedas pendentes de pago”.

Facturas pendentes e un millón de euros de subvencións sen pagar

María Rozas incidiu en que “este Goberno leva todo o mandato afogando aos provedores e incumprindo sistematicamente o período medio de pago, e nestes remanentes queda en evidencia que non se adoptaron medidas para mellorar a situación”. Tanto e así, sinalou a concelleira, “que nestes remanentes prevese o pago de facturas de 2021 que xa foron autorizados en Pleno, e que aínda así o Goberno non foi capaz de abonar”. 

Ademais, a portavoz de CA incidiu en que “este Goberno está matando ao tecido asociativo de Santiago, e nestes remanentes vese que está pendente de pagar máis dun millón de euros de subvencións”. María Rozas cualificou de “incomprensible que as axudas sigan sen pagarse en tempo e forma e no ano natural, como se fixo sempre no Concello”, e incidiu especialmente no atraso da achega municipal ao biopolo da Sionlla. A concelleira de Compostela Aberta lembrou que o Pleno aprobou en novembro o pago desta subvención de 300.000 euros, “o Goberno comprometeuse a abonala antes de que rematara 2022, e agora descubrimos que a axuda está sen pagar e que a Área Empresarial do Tambre terá que pedir un préstamo para adiantar os fondos que o Concello non achegou aínda, e pagar tamén miles de euros en intereses”.

Novos compromisos cos remanentes

En canto aos novos compromisos que o Goberno pretende adquirir cos remanentes de 2022, María Rozas cuestionou que “é evidente que Bugallo está na súa particular campaña electoral, e non lle preocupa utilizar fondos municipais para iso”. “Só así se entende”, indicou, “que o Goberno inclúa nos remanentes a compra de dous microbuses para o rural, no mesmo día no que aproba a licitación do novo contrato do transporte público, e sen saber sequera quen vai conducir eses vehículos nin como se van utilizar”. 

Ademais, a portavoz  municipal de CA lamentou “as incoherencias permanentes de Bugallo, que inclúe nos remanentes máis de medio millón de euros para actuacións complementarias no Pombal e en Mallou ao mesmo tempo que lle di á veciñanza de Castrón Douro que tén que facer rebaixas nun proxecto que estaba acordado desde o pasado mandato por falta de fondos”. Do mesmo xeito, sinalou, “é sorprendente que inclúa actuacións de saneamento e abastecemento de auga nos remanentes, cando leva todo o mandato insistindo en que o Concello non pode asumir estas obras”. 

María Rozas lembrou tamén que “o Goberno está incumprindo os seus propios anuncios, porque comprometeu outras actuacións con cargo a estes remanentes como  remate da rehabilitación do palacete da Finca do Espiño, que agora non aparece na relación de obras facilitada onte aos grupos da oposición”.

A portavoz municipal de Compostela Aberta sinalou que “é escandaloso que o Goberno nos presente a estas alturas do mandato un documento de remanentes totalmente pechado, sen pedir achegas aos grupos da oposición que teñen que aprobar o expediente, e pretendendo levar o expediente a Pleno en vésperas do inicio da campaña electoral”. Para María Rozas, “esta é a mellor mostra, non só da incapacidade do Goberno, senón da súa maneira de facer política, pensando sempre no interese propio e non no ben da veciñanza de Compostela”.

Novas
relacionadas
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo