María Rozas pídelle ao Goberno que explique cando vai impulsar o proceso de Orzamentos Participativos acordado con CA

  • O acordo para  viabilización dos orzamentos asinado con Compostela Aberta contemplaba unha partida de 250.000 euros para poñer en marcha este proceso, do que nada se sabe medio ano despois

María Rozas instou hoxe ao Goberno a explicar “cando e como lle vai dar cumprimento ao acordo asinado con Compostela Aberta para a aprobación dos orzamentos municipais de 2022, no que ten que ver coa recuperación dos orzamentos participativos”. A concelleira de CA mostrou a súa preocupación “porque transcorrido o primeiro semestre do ano, non temos ningunha noticia sobre como se vai desenvolver este proceso, que precisa dos seus tempos para ser realmente representativo e participado”.

María Rozas lembrou que no acordo asinado entre os grupos municipais do PSOE e de CA para a viabilización dos orzamentos de 2022 recolleuse o compromiso de que o Goberno recuperaría o instrumento dos Orzamentos Participativos, cunha partida de case 250.000 euros. Ese acordo foi asinado o 18 de xaneiro, “e xusto medio ano despois nada sabemos dos plans de Bugallo para cumprilo”. A concelleira de CA denunciou que “a estas alturas do ano empezamos a temer que a partida quede sen executar e o acordo sen cumprir, porque é previsible que non se inicie ningún proceso ata a volta do verán e só hai dúas opcións: que non se culmine, ou que non sexa realmente aberto á cidadanía”.

Rozas explicou que durante o pasado mandato, o Goberno de Compostela Aberta desenvolveu o proceso de Orzamentos Participativos baixo a denominación de “Compostela Decide”, cunha partida de 1,5 millóns de euros na súa última edición. A concelleira recordou tamén que “desde o inicio do mandato Bugallo mostrouse moi reacio a utilizar este instrumento, que sí mantiveron outros alcaldes socialistas como a da Coruña, e só aceptou recuperalo para que CA lle garantira a viabilización das contas de 2022 nun acordo que agora parece disposto a incumprir”. Compostela Aberta levará ao próximo Pleno unha pregunta para que o Goberno dea conta dos prazos que prevé para a posta en marcha dos Orzamentos Participativos.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PREGUNTA ORAL DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA SOBRE OS ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS 2022

Novas
relacionadas
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo