María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”
  • Rozas foi moi crítica coa xestión económica do actual Goberno “que tampouco tivo o impulso político preciso para unha boa implantación da administración electrónica”

María Rozas participou hoxe nun almorzo informativo co Club Financiero de Santiago para presentar o programa electoral de Compostela Aberta, no que estivo acompañada pola concelleira Marta Lois. A candidata á alcaldía explicou as propostas de CA en materia de reindustrialización, modernización da administración municipal ou xestión económica, pero tamén deu conta de medidas máis transversais para afrontar os grandes retos que tén por diante a capital galega, entre eles a mobilidade e a vivenda.

María Rozas reiterou a aposta de Compostela Aberta pola reindustrialización de Santiago, “porque cremos que temos un enorme potencial que tén que ser explotado, non podemos conformarnos con ser a capital administrativa e turística porque podemos ser moito máis”. Para iso, a candidata de CA incidiu na necesidade de “aproveitar o coñecemento xerado desde a nosa Universidade, como xa se fixo no pasado mandato, e tamén pola colaboración en iniciativas impulsadas tamén polo Goberno de CA como o biopolo da Sionlla”. Ademais, explicou algunhas das propostas incluidas no programa electoral de CA, como a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas, que funcionaría como intermediaria para facilitar todos os trámites administrativos que teñan que realizar as empresas no Concello de Santiago. Vinculado a isto, Rozas recoñeceu que existe “un gravísimo problema cos prazos na tramitación de licenzas, e nós temos propostas para axilizalos, propostas que funcionan noutros concellos como o uso da plataforma Pasaxe, impulsada polo Colexio de Arquitectos e a Xunta”. Nesa liña, tamén puxo o foco nos problemas que está a xerar a administración electrónica, “non porque falle a solución técnica, senón porque falla o impulso político”. A candidata de CA comprometeuse a crear unha concellería específica de Modernización Administrativa “para corrixir estas eivas, que fai que Santiago siga estando vinte anos por detrás doutras cidades galegas”.

Pésima xestión económica

María Rozas foi tamén moi crítica coa xestión económica do Goberno de Bugallo, “que non resiste ningunha comparación co que se fixo no pasado mandato, e os datos están aí”. Nesa liña, a candidata de Compostela Aberta lembrou que “o Concello pechou 2022 con 24 millóns de euros sen gastar, dos que 14 millóns de euros son facturas pendentes; en 2018, tivemos 7 millóns de remanentes e 1 millón de facturas. Iso significa que non hai que buscar fórmulas máxicas, o que hai é que saber e ter capacidade para xestionar”. Relacionado con isto, a concelleira explicou que “este Goberno está incumprindo sistemáticamente o periodo medio de pago a provedores, xerando moitos problemas en pequenas empresas e autónomos, que xa non queren traballar para o Concello de Santiago porque saben o que poden tardar en cobrar”

Mobilidade e vivenda, retos de futuro

Na súa exposición, María Rozas tamén explicou que para Compostela Aberta dous dos principais retos que tén por diante a capital galega son a mobilidade e a vivenda. Sobre a primeira das cuestións, reiterou o malestar de CA “porque a día de hoxe seguimos sen coñecer cal é o modelo de transporte que recollen os pregos aprobados polio Goberno de Bugallo, e aínda que o alcalde dixo publicamente que se mantiñan as rutas deseñadas no seu momento por Compostela Aberta temos sospeitas de que iso non é así porque non se respectaron cuestións como o transporte a demanda para o rural”. Nesa liña, sinalou que “estaremos atentas a que se manteña a nosa proposta para o Polígono Tambre, cunha liña troncal cunha frecuencia de paso de 10 minutos”.

En canto á vivenda, María Rozas explicou que a aposta de Compostela Aberta pasa por recuperar a figura da empresa municipal de vivenda, “cunha nova orientación para que non se limite á promoción de vivenda a prezo taxado, como fixo no pasado, senón que tamén sexa activa na mobilización de vivenda baleira e o impulso á rehabilitación para poñer eses pisos en alugueiro a prezos accesibles, con condicións vantaxosas para determinados colectivos.

Novas
relacionadas
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo