O MITO DOS BOS XESTORES

María Rozas: “Quedou demostrado que a rotonda do Hórreo é perigosa, e o Goberno debe reaccionar”

Compostela Aberta pediu no Pleno do pasado mércores a modificación da miniglorieta, na que se rexistrou un accidente só  tres días despois, na Noiteboa

A portavoz municipal de Compostela Aberta, María Rozas, esixiulle hoxe ao Goberno de Bugallo “que non agarde nin un día máis para adoptar medidas na nova minirotonda da rúa do Hórreo, tras confirmarse que é un risco para a seguridade viaria, tal e como denunciamos no último Pleno da Corporación”. Na pasada Noiteboa, un vehículo atravesou a glorieta, subiu á beirarrúa e acabou derrubando unha farola, o que provocou ademais un corte de luz nalgunhas rúas do Ensanche. A concelleira incidiu en que “máis alá das circunstancias particulares nas que se produciu o accidente, o acontecido evidencia que a rotonda é unha mala solución para este punto, cando menos tal e como está executada na actualidade”.

O accidente na rotonda do Hórreo, á altura de San Pedro de Mezonzo, produciuse na Noiteboa pasada, en torno á unha da mañá. Ao parecer, o conductor do  vehículo non se percatou da presenza da glorieta, e acabouna atravesando por riba e derrubando parte dos bloques de cemento que a rodeaban. María Rozas incidiu en que “este incidente non nos causa ningunha sorpresa, máis ben ao contrario, porque é algo do que xa levabamos semanas advertindo, e que mesmo foi motivo de debate no Pleno do pasado mércores a partir dun rogo presentado por CA”. A concelleira lembrou que a petición de Compostela Aberta era “que o Concello tomara as medidas oportundas para garantir a seguridade viaria, retirando a actual rotonda e redactando un proxecto para unha actuación ben pensada, que mellore a circulación e non xere problemas onde non existían”. A resposta do concelleiro Gonzalo Muíños foi que a actuación non estaba concluída, porque levaba parello o traslado da marquesiña de autobús existente no lateral da glorieta, “mais queda demostrado que ese non é o principal problema da glorieta, que foi totalmente improvisada”.

Compre avaliar se realmente é necesaria esa rotonda, e de selo, a elaborar un proxecto que substitúa á chapuza actual

María Rozas lamentou que o Goberno “non escoitara nin a Compostela Aberta nin á veciñanza que  leva semanas denunciando nas redes sociais que a rotonda é perigosa, pola súa configuración, polos erros no pintado, e mesmo pola falta de iluminación”. Para a portavoz de CA, “o Goberno non debe esperar a que aconteza outro accidente para reaccionar, asumir o seu erro, avaliar se é  precisa unha rotonda nese punto e, se é así, elaborar un proxecto que teña en conta a configuración da vía e os fluxos de tráfico neste punto para deseñala”. “O que non podemos”, concluiu Rozas, “é manter unha glorieta que é unha chapuza e un pegote no medio do Hórreo ata que se produza un accidente de maiores consecuencias que o do sábado”.

Documentación
relacionada
ROGO DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA ELIMINAR A ACTUAL ROTONDA SITUADA NA RÚA DO HÓRREO CON SAN PEDRO DE MEZONZO
Novas
relacionadas
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo