María Rozas: “Reduciremos burocracia e incrementaremos contías nas axudas ás familias e aos colectivos desfavorecidos”

Compostela Aberta impulsará a Renda de Garantía Infantil, implantará o sistema do anticipo de caixa fixa para axilizar o pago das axudas sociais e reforzará a Ordenanza de Garantía Básica
  • Comba Campoi presenta o proxecto da Oficina Municipal de Vida Independente “para facilitar os proxectos vitais das persoas con diversidades funcionais e diminuir a sobrecarga das súas familias e persoas coidadoras”

Compostela Aberta comprométese a “reducir a burocracia, facilitar a tramitación e incrementar a axudas municipais ás familias, para garantir a igualdade de dereitos e de oportunidades de todos os nenos e nenas de Santiago”. Así o dixo María Rozas, que explicou que ese o obxectivo da Renda de Garantía Infantil, “que CA non renuncia a impulsar, tal e como quedara previsto no pasado mandato, para converterse na terceira pata das axudas sociais do Concello, xunto coa renda de garantía básica e as prestacións de rescate social”. A candidata de Compostela Aberta á alcaldía presentou hoxe as propostas en materia de dereitos sociais, nunha rolda de prensa na que estivo acompañada por Comba Campoi, número tres da candidatura.

María Rozas incidiu en que garantir os dereitos sociais é unha das prioridades de Compostela Aberta, e iso traduciuse en importantes avances durante o pasado mandato, como a Ordenanza de Garantía Básica que regulou dúas ferramentas fundamentais: a renda de garantía básica, e as prestacións de rescate social. A candidata de CA explicou que “é o momento de ir un paso máis alá, e impulsar unha renda de garantía infantil que garanta non só a cobertura das necesidades básicas dos menores, senón tamén o seu dereito a acceder a cuestións como as actividades extraescolares, sen que a situación económica das súas familias se convirta nun elemento discriminatorio ou diferenciador”.

No pasado mandato, o Goberno de Compostela Aberta iniciara un estudo sobre a renda de garantía infantil que estimaba que esa axuda podería ser de 120 euros mensuais por cada neno ou nena, e que xa perfilara esta ferramenta de maneira que fora compatible coa RISGA da Xunta de Galicia. A candidata de Compostela Aberta lamentou que “o actual goberno non aproveitara o traballo feito, tampouco nesta cuestión, e renunciara a manter a Santiago na vangarda da xestión das políticas sociais municipais”. A renda de garantía infantil substituirá ás actuais bolsa de comedor, actividades extraescolares e material escolar e facilitará os trámites ás familias porque non terán que xustificar documentalmente todos os gastos feitos con cargo ás diferentes axudas. Ademais, será un ingreso non finalista “que as familias poderán destinar ás cuestións que consideren máis oportunas, desde actividades extraescolares que non teñen porque limitarse ás que se desenvolven nos centros escolares, ata o pago de psicólogos ou logopedas”.Outra das vantaxes da renda será que “permitirá ampliar o grao de cobertura das bolsas municipais, que están dirixidas a nenos e nenas de 3 a 12 anos, para ter como beneficiaria a toda a poboación de 0 a 17 anos”. O compromiso, explicou, é destinar a esta Renda de Garantía Infantil un orzamento dun millón de euros no primeiro ano de mandato, e incrementar esta contía de maneira progresiva.

María Rozas lembrou que “para Compostela Aberta mellorar o sistema de bolsas foi unha prioridade, e de feito incrementamos o orzamento destinado a estas axudas desde os 70.000 euros  que había en 2015, cando chegamos ao Goberno, ata case 600.000 euros”. Tamén durante o pasado mandato creáronse novas modalidades de axudas que non existían, como as de actividades extraescolares ou as bolsas de comedor por motivos de conciliación. A candidata de CA salientou tamén que “a nosa proposta da renda de garantía infantil vai, ademais, na liña das recomendacións do Consello da Unión Europea para romper o ciclo da pobreza infantil e implantar a chamada Garantía Infantil Europea”. 

Reforzar a Ordenanza de Garantía Básica e axilizar o pago de axudas

Outro dos obxectivos de Compostela Aberta no próximo mandato no campo dos dereitos sociais será “reforzar a ordenanza de garantía cidadá, que nos situou á vangarda do Estado e que nos últimos anos non foi aproveitada en toda a súa potencialidade”. Nese sentido, María Rozas lembrou que no ano 2018 tramitáranse un total de 332 expedientes  ao abeiro da ordenanza, tanto de rendas de garantía como de prestacións de rescate social, fronte aos 182 expedientes de 2020, no peor ano da pandemia da Covid”.

Ademais, María Rozas fixouse como obxectivo “axilizaro pago das axudas sociais, que perden parte da súa utilidade cando chegan tarde, mal e a rastras como acontece na actualide”. A candidata de Compostela Aberta explicou que “implantaremos a fórmula de  pago de anticipo de caixa fixa que permite reducir a burocracia, o papeleo e acelerar os pagos, para evitar situacións como as que se dan na actualidade, por exemplo co pago das bolsas de comedor cando estamos chegando ao remate do curso escolar”.

Oficina municipal de vida independente

Na rolda de prensa de hoxe, a número 3 da candidatura de Compostela Aberta presentou o proxecto da Oficina Municipal de Vida Independente, “outra das grandes apostas de CA en materia de dereitos sociais, que recolle as demandas de diferentes colectivos de persoas con diversidade funcional cos que vimos mantendo xuntanzas nos últimos meses”. Comba Campoi explicou que esta oficina “será un departamento municipal que terá como obxectivo facilitar e acompañar os procesos de autonomía persoal e participación social das persoas con diversidade funcional, ofrecéndolles apoio a elas e ás súas familias”. Esta oficina, que xa funciona noutras cidades como Madrid, “facilita, a través da asistencia personal, que persoas con diversidades físicas, intelectuais e cognitivas leven unha vida independente e autónoma, evitando ingresos non desexadas en centros como residencias”. As persoas usuarias da Oficina recibirán asesoramento e acompañamento para elaborar un plan de vida independente “que recollerá a súa vontade en diferentes aspectos da súa vida, desde a académica ata a laboral ou de ocio e tempo libre, e que deberá ser respectado e levado á práctica grazas á figura dos asistentes persoais”. Esta ferramenta, apuntou Comba Campoi, “non só se traduce nunha mellora da calidade de vida das persoas con diversidade funcional, senón que tamén contriúe significativamente a reducir a sobrecarga e o estrés da súa contorna familiar e coidadora”.

Outras medidas

A número 3 da candidatura explicou que no programa de Compostela  Aberta incorpóranse outras moitas propostas en materia de dereitos sociais “despois de catro anos nos que o Concello se limitou a atender situacións de emerxencia derivadas da pandemia, pero sen establecer liñas de actuación a medio e longo prazo e deixando esmorecer proxectos novidosos do Goberno de CA”. Entre  eles, Comba Campoi referiuse ao Centro Integral de Atención a Persoas sen Fogar “que nos comprometemos a recuperar no próximo mandato, porque non nos conformamos con que esta ferramenta que fora consensuada con diferentes entidades sociais fique convertida nun edificio de despachos”.

Ademais, Compostela Aberta consolidará o programa municipal de apoio á inclusión social, impulsará un programa de primeira  atención en itinerancia para favorecer a axilidade na atención social ás veciñas e veciños que viven lonxe dos centros de servizos sociais comunitarios, e abordará “cunha visión integral melloras da accesiblidade física e cognitiva dos espazos públicos, dos servizos e das diferentes actividades municipais no Concello de Santiago”.

Novas
relacionadas
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo