Debate sobre o estado do municipio

María Rozas reivindica o traballo de CA no Goberno “nun ano marcado polos avances sociais no que conseguimos un Santiago mellor”

A portavoz municipal de Compostela Aberta interviu no Pleno do debate sobre o estado do municipio para render contas “do feito e do que queda por facer” nas concellarías que dependen de CA. María Rozas afirmou que “tras ano e medio de Goberno, hoxe temos un mellor Santiago que en 2023, e seguiremos traballando para impulsar políticas progresistas que melloren a vida da xente”.

O Pazo de Raxoi acolleu o primeiro Pleno do debate sobre o estado do municipio deste mandato, unha sesión na que María Rozas interviu para facer balance do traballo que ven desenvolvendo Compostela Aberta desde o Goberno. A portavoz municipal de CA explicou que “estamos a cumprir o acordo de goberno asinado co BNG hai ano e medio, no que acordabamos poñer o foco nos dereitos sociais, a conciliación, o emprego de calidade, o reequilibrio territorial ou a igualdade”.

Un Santiago máis social

A tenenta de alcaldesa salientou, en primeiro lugar, os avances en materia social. María Rozas destacou o incremento do orzamento do Servizo de Axuda no Fogar nun 73%, ata os 6,3 millóns de euros anuais, e o aumento do 40% da partida destinada a bolsas de comedor escolar, material e actividades extraescolares, ata 1,1 millóns de euros. Este reforzo, explicou, “permitiunos conceder 2.000 axudas, case 600 máis que no curso anterior, e chegar ao 20% dos nenos e nenas de Santiago”.

Ao longo deste ano, os retos da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais serán a posta en marcha do servizo Xantar na Casa, unha vez asinado o convenio coa Xunta; e a apertura do Centro de Atención Integral ás Personas sen Fogar. Con respecto a este equipamento, María Rozas monstrou o seu orgullo “porque este Goberno retomou a concepción inicial do centro, durante o mandato de Compostela Aberta”.

A tenenta de alcaldesa tamén se comprometeu a iniciar “en canto sexa posible orzamentariamente” a Casa dos Maiores e centro sociocultural do Ensanche; e lembrou o obxectivo de redactar o proxecto da Factoría Moza”, que se incluirá na estratexia EDIL coa que o Concello pretende captar fondos europeos para rexenerar a zona norte de Santiago.

Durante a súa intervención, a portavoz de Compostela Aberta anunciou que o departamento de Emprego vén de recibir unha subvención de 1,8 millóns de euros de fondos europeos que permitirá poñer en marcha un ambicioso programa formativo no que se van investir un total de 3 millóns de euros. Trátase do proxecto Minerva, do que se beneficiarán case un milleiro de persoas.

O reto da mobilidade

A tenenta de alcaldesa tamén se referiu no debate sobre o estado do municipio aos avances en materia de mobilidade no ano e medio que levamos de mandato: a aprobación do PMUS e da nova ordenanza de Circulación, a implantación da Zona de Baixas Emisións na área histórica, ou a mellora do control de accesos á zona histórica. 

María Rozas sinalou que os grandes obxectivos para 2025 en materia de mobilidade serán a licitación do servizo de transporte urbano, a xestión directa do aparcamento da Praza de Galicia, e a creación das 29 novas licenzas de taxi que vén de autorizar a Xunta a petición da Concellaría de Mobilidade que dirixe Xan Duro.

Orgullo do legado de CA

No debate sobre o estado do municipio, María Rozas reivindicou o traballo de Compostela Aberta, tanto na actualidade, como no mandato de 2015. Nese sentido, lembrou que o legado do Goberno de CA en solitario son “grandes infraestruturas como a EDAR ou a intermodal, hoxe en obras porque Compostela Aberta asinou os correspondentes convenios; pero tamén outras cuestións como os primeiros pasos na regulación dos pisos turísticos”.

Maria Rozas saía así ao paso das críticas do portavoz do PP, ao que lle lembrou que “o Partido Popular gobernou con maioría absoluta en Santiago, e acabouno facendo con concelleiros non electos que non foran votados por ninguén”.

Novas
relacionadas

Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes

Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa

Compostela Aberta non apoiará ningún modelo de xestión da auga que non garanta o control público do servizo 

María Rozas lamenta que a oposición “manteña unha posición prefixada e non contemple ningunha alternativa ao modelo privatizado que despois de máis de 50 anos deixou unhas infraestruturas obsoletas en Santiago e unha preocupante falta de transparencia”. CA defende a fórmula da empresa mixta para avanzar no control público da auga e para garantir que os seus beneficios se reinvistan na mellora do servizo e polo tanto en favor da veciñanza.

Compostela Aberta, BNG, PSOE e as concelleiras non adscritas presentan unha moción conxunta en apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública do 1 de febreiro

Os grupos municipais de Compostela Aberta, BNG e PSOE e as concelleiras Non Adscritas acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes xaneiro, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia para o 1 de febreiro. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.

Compostela Aberta apoia a folga na Atención Primaria

Compostela Aberta manifesta o seu apoio á folga convocada polo persoal da Atención Primaria en Galicia, co obxectivo de protestar contra a precariedade laboral e asistencial que sofre o sistema sanitario galego. Denunciando unha estratexia calculada, por parte do goberno galego, que procura un desmantelamento do servizo público e unha privatización paulatina dun dos que debería ser un dos piares do Estado de benestar galego.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo