María Rozas: “Se quere pechar o caso Pichel, Bugallo perdeu onte unha gran oportunidade de dar explicacións e despexar dúbidas no Pleno”

A portavoz de Compostela Aberta lamenta que o Goberno non respondera a ningunha das preguntas que leva formulando máis de dez días

A portavoz municipal de Compostela Aberta lamentou hoxe que o Goberno “volvera perder onte no Pleno a oportunidade de facer un exercicio de transparencia e de dar todas as explicacións sobre o alugueiro dun inmoble a unha empresa propiedade do xa exconcelleiro de Medio Rural”. Para María Rozas, “a intervención de Sindo Guinarte, que pretende pechar en falso este asunto; e o silencio de Bugallo, non fan máis que incrementar as dúbidas sobre o acontecido e sobre as responsabilidades neste contrato, máis alá das do dimitido Pichel”.

María Rozas considerou “decepcionante” a resposta do portavoz do Goberno nas interpelacións formuladas por Compostela Aberta e BNG no Pleno de onte sobre o alugueiro do inmoble de Desproi para acoller os departamentos municipais de Medio Rural e Parques e Xardíns. A concelleira lamentou que Sindo Guinarte “se limitara a ler o mesmo argumentario co que o PSOE intenta crear unha cortina de fume desde que CA desvelou o caso, sen responder a ningunha das preguntas concretas que levamos formulando 11 días”. Así, a voceira de Compostela Aberta incidiu en que “seguimos sen saber quen deu a orde e por que se fixo unha visita á nave de Desproi antes de ter elaborado o informe sobre as características que debía ter o inmoble a alugar para os servizos municipais e se nesa visita participou alguén máis que o enxeñeiro municipal que fai a proposta; seguimos sen saber por que só se lle solicitou unha oferta económica á empresa de Pichel; seguimos sen saber por que o contrato non se asinou ata o 1 de outubro de 2021, cando o traslado dos departamentos de Medio Rural e Parques e Xardíns xa se fixera o 15 de setembro; e seguimos sen saber por que o contrato se asinou por un ano de duración, cando o acordo da Xunta de Goberno falaba de 4 meses”.

A concelleira insistiu en que “Compostela Aberta denunciou este caso hai 11 días, o Goberno segue sen dar explicacións, os departamentos municipais mantéñense aínda no inmoble polo que o Concello xa pagou 90.000 euros de alugueiro, e sabemos que non haberá localización definitiva para os departamentos de Medio Rural e Parques e Xardíns cando menos ata 2024”. 

Cada vez máis dúbidas e menos certezas

A portavoz municipal de Compostela Aberta advertiu que “se o Goberno quere cerrar esta crise, está provocando o efecto contrario ao non aclarar ningunha destas cuestións, ás que cada vez imos engadindo máis dúbidas”. Nese sentido, Rozas indicou que “o Goberno tampouco quixo explicar no Pleno de onte por que a proposta para a aprobación do alugueiro que foi á Xunta de Goberno levaba só a sinatura da concelleira Mila Castro, cando un informe feito dous días antes no que xa se propoñía o alugueiro a Desproi incluía tamén a firma do concelleiro de Medio Rural”.

Para a concelleira de CA, “neste expediente nada parece casual, e menos despois de coñecermos que José Manuel Pichel non se desfixo das súas participacións na empresa Desproi ata o 27 de setembro de 2021, trece días despois de que a Xunta de Goberno na que el participou lle adxudicara o contrato de alugueiro para as instalacións de Medio Rural e Parques e Xardíns”. Rozas incidiu en que “alguén debe explicar esta cronoloxía, e aclarar se tivo algo que ver con que o contrato non fora asinado ata o 1 de outubro, 16 días despois da Xunta de Goberno, 15 días despois do traslado dos servizos municipais ao inmoble, e só catro días despois de que Pichel vendera as súas participacións da empresa”. “É sorprendente que a ninguén lle estrañara que a nave de Desproi estivera sendo utilizada durante 15 días sen ningún tipo de contrato, e que esa situación se mantivera”, indicou.

María Rozas concluiu sinalando que “en Compostela Aberta temos claro que na contratación do inmoble de Desproi hai máis responsabilidades que as do propio Pichel, e que a súa dimisión non pecha o caso”. A portavoz de CA salientou que “o alcalde tén o hábito de utilizar o seu turno de peche nos debates do Pleno para falar absolutamente de todos os temas de todos os concelleiros e concelleiras do seu Goberno, e casualmente onte Bugallo mantivo un silencio sobre o caso Desproi que foi moi elocuente”.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo