María Rozas urxe ao Goberno a garantir o cumprimento do contrato do lixo e a correcta prestación do servizo

Compostela Aberta, BNG e PP levarán ao Pleno unha moción conxunta na que recollen as demandas do Comité de Empresa da concesionaria
  • Os representantes dos traballadores denuncian que seis meses despois da entrada en vigor do contrato seguen faltando o persoal e a maquinaria establecidos nos pregos

A portavoz municipal de Compostela Aberta instou hoxe ao Goberno de Bugallo “a vixiar o correcto cumprimento do contrato da recollida do lixo e limpeza viaria, diante das denuncias do comité de empresa sobre a falta de persoal e de maquinaria”. María Rozas lembrou que o próximo luns cúmprense seis meses desde a entrada en vigor da nova concesión, “e os problemas que relatan os traballadores agraváronse desde maio, e a falta de respostas do alcalde e da concelleira Mila Castro é polo tanto máis preocupante que hai seis meses”.

Os tres grupos da oposición levarán ao Pleno deste mes unha moción conxunta para reclamarlle ao Goberno que controle e garanta o estrito cumprimento do prego de condicións do contrato da recollida do lixo, que entrou en vigor o pasado 21 de maio. Así o acordaron nunha xuntanza celebrada onte con representantes do comité de empresa de Urbaser, que relataron unha serie de deficiencias no servizo derivadas da falta de personal e de maquinaria.

Falta de persoal

María Rozas  explicou que “o comité  de empresa  segue denunciando o incumprimento do prego de condicións en relación aos  medios persoais, xa que dos 157 operarios establecidos para o servizo na actualidade están traballando 137, incluídos os que foron contratados para suplir baixas”. A voceira  de Compostela  Aberta lembrou que “coa entrada en vigor  do novo contrato, a concelleira Mila Castro asegurou que a finais do mes de maio o servizo estaría funcionando coas 157 persoas establecidas no prego, e comprometeuse a que o Goberno estaría vixiante ao respecto”. 

Déficit de maquinaria

Do mesmo xeito, o comité de empresa trasladou as súas queixas en relación aos medios materiais cos que se está prestando o servizo de recollida do lixo e limpeza viaria. María Rozas explicou que os representantes dos traballadores denunciaron que “seguen sen chegar todas as máquinas comprometidas no prego do contrato, e a día de hoxe seguen sen estrear o único lavabeirarrúas novo que chegou a Santiago, así como as sete illas móbiles coas súas respectivas cabezas tractoras”. Tamén asegura que o único camión de carga lateral incorporado ao servizo “non cumpre o prego de condicións do concurso porque é de diesel e non de gas como estaba establecido”. A portavoz de  Compostela Aberta explicou que “desde maio tamén se introduciu maquinaria usada que se atopa en moi mal estado, como un camión de carga traseira que antes utilizadaba a empresa da recollida do papel, ou mesmo unha fregadora que non se utiliza porque está sen freos”. Tampouco se está cumprindo o prego, segundo o comité, no que tén que ver coa renovación das illas soterradas.

María Rozas pediulle ao Goberno que explique cal é a situación, “porque Mila Castro informou publicamente de que no mes de novembro chegarían algúns camións novos para a recollida, mentres que no caso da maquinaria máis lixeira, a concelleira fixou un prazo de entrega de seis meses desde que se fixera o pedido en marzo, isto é, ata o pasado mes de  setembro”. “Polo que relata o comité de empresa”, sinalou a portavoz de CA, “non se están cumprindo os pregos, e tampouco se están respectando os prazos de entrega do material dos que falou a concelleira responsable en maio”.

Descoordinación do servizo

Máis alá dos medios materiais e humanos, o Comité de Empresa denunciou “a absoluta descoordinación do servizo e a imposición de novas normas por parte da empresa, que suporían a contratación de novo persoal para cubrir os domingos e festivos e a eliminación da bolsa de traballo que establece a orde de contratación”. Por último, os representantes dos traballadores volveron demandar a mellora dos vestiarios da rúa  Pitelos, acondicionando unha zona feminina e outra masculina.

Novas
relacionadas

A asamblea de Compostela Aberta decidirá sobre a oferta do BNG para entrar no Goberno

María Rozas insiste en que “CA reivindicará políticas progresistas e transformadoras en Santiago, desde calquera que sexa o seu rol no próximo mandato”

María Rozas: “Mentres algúns prometen enterrar 40 millóns de euros nunha soa rúa, CA comprométese a facer as obras precisas nos barrios e parroquias”

A candidata de Compostela Aberta reivindica que “nesta campaña quedou claro que só nós temos un proxecto claro para Santiago que nace das demandas da veciñanza”

CA creará unha empresa municipal para aforrar custos e mellorar servizos coma o de limpeza e a conserxería das instalacións municipais

María Rozas, André Seoane e Carminha Naveiro denunciaron “as condicións desiguais e o exceso de contratacións parciais que supón o actual sistema e concesións”

María Rozas asina o acordo entre o Foro Cívico e as forzas políticas municipais para atender os retos de Santiago  

A candidata de Compostela Aberta cualifica de “moi positivo que se poña o foco sobre cuestións que van alén das grandes infraestruturas, e das que CA leva falando xa moitos anos como a gobernanza o turismo”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo