María Rozas urxe ao Goberno a poñer en marcha a tarxeta cidadá “para facilitar a relación da cidadanía coa administración local”

Esta ferramenta “debe ser o seguinte paso tras a implantación da administración electrónica, e xa funciona exitosamente noutras cidades de todo o Estado”
  • A concelleira de Compostela Aberta sinala que a tarxeta cidadá “permitiría centralizar o acceso a diferentes servizos públicos e o seu pagamento”

María Rozas instou hoxe ao Goberno a estudar a implantación dunha tarxeta cidadá que lles facilite ás persoas empadroadas en Santiago o acceso aos servizos municipais e o pagamento daqueles que non son gratuítos e, en xeral, que simplifique a realización dos diferentes trámites coa administración local. A concelleira de Compostela Aberta defenderá no próximo Pleno unha moción ao respecto, na que lembra que “os avances dos últimos anos na implantación da administración electrónica permiten afrontar agora a creación desta ferramenta, que funciona exitosamente noutros concellos de todo o Estado”.

María Rozas sinalou que “a tarxeta cidadá debe ser o seguinte paso, despois da posta en marcha da administración electrónica, que se iniciou no pasado mandato no Concello de Santiago, con moitos anos de atraso con respecto a outras administracións locais”. A concelleira de Compostela Aberta incidiu en que “esta ferramenta non é especialmente novidosa nin complexa, porque xa leva tempo funcionando noutras cidades de todo o Estado, mesmo nalgúns concellos galegos como Lugo, Vigo ou A Coruña”.  

Facilitar a vida da cidadanía

A concelleira de Compostela Aberta explicou que a tarxeta cidadá “permitiría que as persoas empadroadas en Santiago accedan aos servizos municipais, realicen diferentes pagamentos, consulten datos, ou accedan á administración electrónica”. Tal e como acontece noutras cidades, con esta ferramenta, que se podería usar de xeito físico ou virtual, poderíase cargar o bonobús do transporte público, pagar a ORA ou os aparcamentos públicos, ou reservar billetes para actividades culturais. Tamén permitiría acceder directamente á administración electrónica e á carpeta cidadá para xestionar trámites relacionados co padrón, coas taxas e tributos ou co pago de multas. 

María Rozas sinalou que “a posta en marcha da tarxeta simplificaría algúns trámites, de xeito que non só sería unha vantaxe para a cidadanía senón tamén para a propia xestión administrativa interna do Concello, e mesmo se podería traducir nun aforro para a administración pública porque se unificaría información de diferentes departamentos”. Ademais, incidiu a concelleira de Compostela Aberta, “a tarxeta abriría a posibilidade de habilitar descontos diferenciados no pagamento dos servizos non gratuítos en función da renda e a situación socioeconómica das familias, a través dunha ordenanza, de xeito fácil e sen a farragosa burocracia”.

Documentación
relacionada
PROPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA A IMPLANTACIÓN DA TARXETA CIDADÁ MUNICIPAL DE SANTIAGO
Novas
relacionadas

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo