Marta Lois: “A día de hoxe non hai consenso social sobre a Operación Peleteiro”

A portavoz de CA cuestiona que Bugallo afirmara na Comisión Mixta que a opción acordada no pasado mandato para a parcela non é viable antes de encargar os informes técnicos

Marta Lois reiterou hoxe que “Compostela Aberta apoiará a opción para Peleteiro que suscite o consenso de veciñanza e comerciantes, pero a día de hoxe ese consenso non existe”. Ao remate da Comisión Mixta celebrada hoxe, a portavoz de CA reiterou que “na reunión vimos ao Bugallo de sempre, que aposta máis polo trilerismo que polo diálogo, e que mesmo chega a afirmar que a opción para a parcela acordada no pasado mandato non é viable técnicamente, antes de ter os informes correspondentes”.

A portavoz de Compostela Aberta insistiu hoxe en que “Bugallo non conseguiu ainda a solución consensuada para Peleteiro que se comprometera a presentar nos tres primeiros meses do mandato, e a única opción que parece valerlle a todo o tecido social e comercial do Ensanche é a mesma que o PSOE tumbou no pasado mandato”. Para Marta Lois, “non é certo que exista xa un acordo, como nestes días quixo trasladar o alcalde, porque a veciñanza segue sen apoiar a opción de abrir a praza de Peleteiro cara San Pedro de Mezonzo, ata o punto de que se vén de anunciar a creación dunha plataforma para reivindicar o proxecto acordado en 2019”. A concelleira lamentou que “despois de tres anos de mandato, a Bugallo estanlle entrando as presas, e a súa estratexia para sacar adiante o proxecto non é a do diálogo, senón a do trilerismo político”.

Posición prefixada de Bugallo

Lois sinalou que “Bugallo debe explicar cales son as verdadeiras razóns polas que non acepta a opción que segue sendo a que suscita maiores consensos, e por que hoxe chegou a afirmar na Comisión Mixta que esa configuración é inviable técnicamente, ao mesmo tempo que anunciaba a solicitude de informes técnicos sobre as diferentes alternativas para Peleteiro que non se coñecerán ata a próxima semana”.

A portavoz de Compostela Aberta insistiu en que “o noso grupo municipal terá unha actitude responsable cos intereses da cidadanía, e por iso mantémonos na nosa posición de respaldar a alternativa que consiga o consenso de todos os afectados, do tecido comercial pero tamén do tecido veciñal do Ensanche”.

Novas
relacionadas
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo