Marta Lois: “A prepotencia de Bugallo non pode ocultar unha pasividade que pón en risco o proxecto do biopolo da Sionlla”

Compostela Aberta, BNG e PP presentan unha proposición conxunta para reclamar unha comisión de seguemento que avalíe a presumible falta de dilixencia do Goberno na tramitación do proxecto

Marta Lois volveu mostrar hoxe “a preocupación de  Compostela Aberta pola pasividade que vén mostrando o Goberno local na tramitación do proxecto do biopolo da Sionlla, fundamental para a reindustrialización de Santiago”, e reiterou que “esta falta de dilixencia debe ser avaliada”. A portavoz municipal de CA explicou que “por este motivo, os tres grupos da oposición vimos de rexistrar unha proposición conxunta para que o Pleno debata unha cuestión estratéxica para a cidade, que Bugallo quixo ocultar empeñándose en celebrar unha sesión extraordinaria pasadas as dez e media da noite e contra o criterio da oposición”.

Compostela Aberta, BNG e PP asinan unha proposición conxunta para o seu debate no Pleno da próxima semana, na que os tres grupos reclaman a constitución dunha comisión de estudo de carácter especial para que supervise a participación do Concello no biopolo da Sionlla. Ese órgano estaría integrado por dous membros de cada grupo municipal, e encargaríase de avaliar a presumible falta de dilixencia na tramitación deste proxecto, e esixiría, no seu caso, as responsabilidades oportunas. Na proposición, os tres grupos lembran que o Goberno tardou case un ano en iniciar o procedemento de concesión demanial da parcela municipal na que se localizará a sede do biopolo, un procedemento que aínda non está resolto.

Marta Lois insistiu en que “nos dous anos que leva gobernando, Bugallo non lle deu o impulso necesario a este proxecto, que recibiu definido do anterior mandato e para o que a Xunta tén comprometida unha achega de 4 millóns de euros a través do IGAPE”. A portavoz municipal de CA lembrou que o Goberno non iniciou os trámites  para a cesión da parcela municipal para a construción do biopolo da Sionlla ata o pasado mes de xuño, “un ano despois da súa solicitude, e xusto despois de que o Pleno aprobara unha proposición de CA na que advertía do risco de que se perdera a axuda autonómica para o proxecto”. A subvención do IGAPE debe estar xustificada en xuño de 2020 e, polo tanto, o biopolo debe estar en funcionamento para esa data, “uns prazos moi axustados tendo en conta que o edificio necesitará entre 10 e 12 meses para a súa construción”. A portavoz municipal  de CA incidiu en que “levamos tempo advertíndolle a Bugallo que é preciso impulsar este proxecto ao que o Concello, a Universidade e a Asociación Empresarial do Tambre teñen dedicando tantos esforzos, e é inaceptable que o alcalde siga instalado na soberbia para non escoitar nin o que tén que dicirlle a oposición nin a preocupación dos outros actores implicados no biopolo da Sionlla”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PROPOSICIÓN CONXUNTA DOS GRUPOS MUNICIPAIS DO PARTIDO POPULAR, COMPOSTELA ABERTA E BLOQUE NACIONALISTA GALEGO PARA A CONSTITUCIÓN DUNHA COMISIÓN DE ESTUDO QUE AVALÍE E SUPERVISE A TRAMITACIÓN DO PROXECTO DE CREACIÓN DUN POLO DE INNOVACIÓN TECNOLÓXICA NA SIONLLA

Novas
relacionadas

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo