Marta Lois: “A proposta dos remanentes de 2021 son a mellor foto dun Goberno incapaz”

A portavoz de Compostela Aberta denuncia que “Bugallo ten ao seu dispor máis de 23 millóns de euros remanentes, e vai destinar 16 a pagar a débeda da súa mala xestión”
  • CA quere coñecer o grao de cumprimento do acordo de remanentes de 2020 antes de concretar propostas “que priorizarán a axuda ás persoas e ao comercio e as obras para a veciñanza e non para os turistas”

“Coa súa proposta para a distribución dos remanentes de 2021, o Goberno está a confesar a súa incapacidade e a nula xestión que fixo ao longo do ano pasado, xa sen a escusa da Covid”. Así de contundente se mostrou hoxe a portavoz municipal de Compostela Aberta, Marta Lois, que denunciou que “sete de cada dez euros dos remanentes serán para pagar as facturas pendentes de Bugallo”.

Tal e como anunciou no Pleno do pasado xoves, o Goberno fíxolle entrega aos grupos da oposición da súa proposta para a distribución do remanente líquido de tesourería de 2021. A portavoz de CA incidiu en que “dos máis de 23,2 millóns de euros de remanentes, 16 millóns están xa comprometidos para gastos que teñen moito que ver coa incapacidade dos autodenominados bos xestores, gastos que o Goberno debería explicar con maior claridade”. Para Marta Lois, “non hai nada que xustifique que se destinen case 6,4 millóns de euros a facturas pendentes, 230.000 euros á amortización de xuros e comisións que non foron abonadas en prazo, e mesmo 1,3 millóns de euros para intereses de sentenzas pendentes de pagar”. O Goberno tamén prevé pagar con cargo a remanentes as horas extras da Policía Local e dos Bombeiros que están pendentes de 2021, “e que non se pagaron ainda cando da liquidación do orzamento de 2021 se extrae que o Goberno non gastou tres millóns de euros do que tiña orzado no capítulo de persoal”; e as axudas a diferentes entidades pendentes de abono, e que superan o 1,3 millóns de euros. Marta Lois sinalou que “estas previsións do Goberno son aínda máis incomprensibles se temos en conta que os orzamentos de 2022 están en vigor desde o pasado mes de marzo”.

Auditoría dos remanentes de 2020

Na proposta de reparto de remanentes do Goberno tamén se inclúen case 1,8 millóns de euros para obras de remanentes de 2019 que quedaron sen saldo. Para Marta Lois, “este é un exemplo máis do que vimos denunciando desde Compostela Aberta e do que cada vez é máis evidente: o mito dos bos xestores caeu polo seu propio peso”. 

A portavoz de CA avanzou que “vendo estes datos, o noso grupo municipal vén de solicitarlle ao Goberno que realice unha auditoría sobre o grao de cumprimento do acordo de remanentes de 2020”. Para Marta Lois, “esa análise debe ser o paso previo para negociar os remanentes de 2021, porque non ten sentido que incluir propostas e xerar expectativas entre a veciñanza se sabemos que finalmente non se van executar”.

Compostela Aberta, sinalou Marta Lois, “afronta este proceso para a negociación dos remanentes con dúas ideas claras: este diñeiro debe ser para manter as axudas ás persoas e ao pequeno comercio nun momento que segue a ser de fonda crise económica, e as obras que se incorporen ao reparto teñen ue estar pensadas para a veciñanza e non para o turismo, que claramente segue sendo a prioridade do Goberno de Bugallo”.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo