Marta Lois: “A sentenza de Setex volve demostrar que o Goberno de Compostela Aberta fixo ben as cousas”

A portavoz de CA  insta ao alcalde a “abandonar o discurso crítico coa municipalización da ORA e a empezar a xestionar o servizo”

A portavoz de Compostela Aberta manifestou hoxe a satisfacción do grupo municipal despois da sentenza xudicial que rexeita o recurso interposto pola empresa Setex Aparki contra a liquidación do contrato da ORA aprobada no ano 2018. Marta Lois salientou que “o fallo demostra que o Goberno de CA fixo ben as cousas, e que todos os agoireiros que durante dous anos aseguraron que o Concello lle tería que pagar á empresa centos de miles de euros, entre eles Bugallo, estaban expresando máis un desexo que unha realidade”.

A sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Santiago da que deu conta onte a Xunta de Gobermo ditamina que o Concello non terá que indemnizar a Setex Aparki, tal e como reclamaba, senón que será a empresa quen teña que abonar case 750.000 euros ás arcas municipais. Entre outras cuestións, a sentenza esclarece que os parquímetros instalados por Setex en 2012, cando asumiu a xestión da ORA cun contrato que acabou sendo anulado xudicialmente en 2015, son de propiedade municipal e non da empresa. Esta fora a tese defendida en todo momento polo Goberno de Compostela Aberta, e cuestionada naquel momento polos grupos da oposición, posto que Setex ofertara eses 120 parquímetros como mellora gratuíta no proceso de licitación.

Marta Lois incidiu en que “esta senteza demostra que o Goberno de CA e que a asesoría xurídica municipal sabían o que facían cando se aprobou a liquidación do contrato da ORA, e que eran outros os que preferían sementar as dúbidas por intereses meramente electoralistas”. A portavoz de Compostela Aberta lembrou tamén que o propio Bugallo utilizou esta cuestión durante a campaña electoral, “falando de que esta era unha auténtica bomba de reloxería que lle pasaría factura ao Concello, e agora sabemos que a factura será a cobrar e non a pagar”.

Os outros procesos xudiciais da ORA

A portavoz municipal de Compostela Aberta lembrou que a única sentenza desfavorable para os intereses municipais en relación á ORA foi a que obrigou ao Concello a indemnizar á empresa Doal pola incorrecta adxudicación do servizo no ano 2012, na licitación dun contrato iniciada polo goberno do PSOE-BNG e adxudicado xa durante o goberno do PP á empresa Setex Aparki, ainda cando incumpría o prego de condicións da licitación, e prexudicando así a Doal, que fora a segunda clasificada no procedemento. Esa sentenza, insistiu Marta Lois, “nada ten que ver co proceso de municipalización da ORA que impulsou o Goberno de Compostela Aberta”.

Con respecto ao proceso de municipalización, lembrou a concelleira, anunciáranse no seu día tres recursos: do Goberno do Estado, da empresa Setex Aparki e do avogado Carlos Abal (asesor xurídico do Concello de Teo no Goberno de Armando Blanco, imputado pola ampliación irregular do contrato da auga neste municipio). Finalmente, os tres desistiron dos procedementos xudiciais.

Empezar a xestionar

Marta Lois tamén instou a Bugallo a “deixar de falar das perdas millonarias do proceso de municipalización que finalmente parece que non van existir, e a asumir que agora ten a responsabilidade de xestionar o servizo, non só en termos económicos senón tamén como ferramenta para mellorar a mobilidade en Compostela”. A portavoz de Compostela Aberta  insistiu en que “nos máis de dous anos e medio de mandato, o Goberno do PSOE non fixo nada novo para aproveitar esta ferramenta para facer políticas de mobilidade verdadeiramente centradas nos intereses da veciñanza e non das empresas”.

Novas
relacionadas

Compostela Aberta apoia a folga xeral do 11N

Compostela Aberta apoia a folga xeral do 11 de novembro en defensa dunha vida con dignidade, contra a perda de poder adquisitivo dos salarios, contra a suba dos prezos da enerxía e dos produtos básicos e contra un mercado inmobiliario que converte o dereito á vivenda nun privilexio.

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo