Marta Lois: “A Xunta inviste en sí mesma ao tempo que desatende as necesidades da cidadanía como o novo aparcadoiro do Hospital”

A portavoz municipal de CA lamenta que o alcalde “baixe a orella” e que admita que non vai haber achega extraordinaria para o Consorcio nin da Xunta nin do Estado
  • Compostela Aberta considera que o Goberno autonómico  inviste máis na mellora dos despachos dos políticos que en necesidades reais como o demandado centro de saúde de Conxo, a ampliación do Conservatorio ou novos equipamentos públicos.

“Os orzamentos da Xunta non son nada novo. O Goberno de Feijóo inviste en sí mesmo, no Xacobeo e en obras para os turistas, mentres esquece as necesidades da cidadanía de Compostela. Así de contundente se expresou a  portavoz de Compostela Aberta, que cualificou de “indigno que o Partido Popular e a Xunta de Galicia tenten facer pasar gastos e investimentos xerais e ordinarios por investimentos en Santiago”, ao tempo que conxelan partidas fundamentais para a nosa cidade e obvian demandas históricas da capital galega.

Marta Lois referiuse, en concreto, a actuacións como as reformas do complexo administrativo de San Caetano, a rehabilitancón das oficinas da Secretaria Xeral de Turismo en Mazarelos ou a construción da sede do Imelga nas Fontiñas a pesar da oposición veciñal. Para a concelleira, “estas partidas millonarias só significan que a Xunta prioriza o gasto en facer máis despachos e edificios para os  políticos por diante das necesidades reais da xente, por diante de mellorar o día a día das persoas, da xente do común”.

Sen novo aparcadoiro no CHUS

En contraposición a eses anuncios, Marta Lois calificou como obsceno que se orce a ampliación do CHUS sen contemplar a construción dun novo aparcadoiro, “de xeito que se agravarán os graves problemas de accesibilidade e mobilidade que afectan actualmente ao Hospital e a todo o barrio da Choupana”. Para a portavoz de CA, estamos diante dunha “oportunidade perdida, coa que Santiago terá un novo edificio, pero con persoal sanitario traballando na máis absoluta precaridade, e iso aféctalle ao común da cidadanía, non é só o cemento”.

Na mesma liña, a concelleira incidiu en que “sabemos que van mellorar os despachos e oficinas da Xunta, pero nada sabemos do novo centro de saúde de Conxo, da nova Escola de Idiomas, da ampliación do Conservatorio, ou se a administración autonómica vai ou non vai colaborar na construción dunha nova piscina para Santiago”. Marta Lois tamén criticou que a Xunta “intente  vender como investimentos novos o que non son máis que reanualizacións de compromisos anteriores que non se executaron, como é o  caso do biopolo da Sionlla”.

As ferramentas da capitalidade

Xa sobre as ferramentas da capitalidade, Marta Lois tamén mostrou a súa decepción pola falta de avances e porque “a Xunta mantén a liña do que xa vimos nos orzamentos do Estado: realmente os investimentos que se prometeron co Real Padroado son fume, porque non se confirma a achega nin do goberno de Pedro Sánchez nin tampouco do goberno de Feijóo”. No caso do Goberno Galego, incidiu, “co agravante de que se mantén totalmente conxelada a partida pola capitalidade, en pleno ano duplo Xacobeo, e sendo unha partida que acumula un déficit de polo menos 3 millóns de euros de cada ano do goberno Feijóo”.

A portavoz de CA aproveitou tamén para destacar que “fronte a estes orzamentos tan decepcionantes non esperamos que o alcalde se poña ao frente dos intereses da cidade, máis ao contrario, temos a certeza absoluta de que baixará a orella e dará por bo todo o que lle diga Feijóo, independentemente de que sexa mellor ou peor para Santiago”.

Novas
relacionadas
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo