Marta Lois: “Alegrámonos de que o sentido común chegue ao Goberno do PSOE e que agora reclame para Santiago a taxa turística que tanto criticou”

A portavoz de Compostela Aberta insta a Bugallo a trasladarlle oficialmente á Xunta a petición que onte facía no Pleno a súa concelleira de Facenda para que que se poida aplicar a taxa
  • CA propón incrementos nas bonificacións para a veciñanza do rural que carece de servizos básicos 

A portavoz municipal de Compostela Aberta expresou hoxe a súa satisfacción despois de que a concelleira de Facenda, Marta Abal, mostrara onte no Pleno o seu desexo de implantar a taxa turística en Santiago e interpelara á Xunta para que habilite os instrumentos precisos para facelo. Para Marta Lois, “é gratificante que o sentido común chegue ao PSOE, e agardamos que o alcalde Bugallo faga valer a súa boa relación co presidente Feijóo para que esa taxa poida ser unha realidade máis pronto que tarde”.

Durante a celebración do Pleno de onte, a concelleira de Facenda recoñeceu que “a importante afluencia turística de Santiago tén un forte impacto en servizos financiados con ingresos correntes do Concello de Santiago, e que iso require analizar en profundidade novas formas de financiamento”. Marta Abal referiuse, en concreto, á impantación da taxa turística que, tal e como lembrou, esta estendida na maior parte dos países da Unión Europea, pero que no Estado español só existe en Baleares e Barcelona. A concelleira instou directamente ao PP, e pediulle que “siga o exemplo de Baleares e Cataluña e habilite legalmente a posibilidade para que o Concello de Santiago poida aplicar a taxa turística”

Marta Lois felicitouse “por este novo xiro no argumentario do Goberno socialista, que no seu momento foi moi crítico coa proposta lanzada por Compostela Aberta cuns argumentos idénticos aos que onte expresaba a concelleira de Facenda”. A portavoz de CA lembrou que durante o pasado mandato, o PSOE considerou que a taxa limitaría a chegada de visitantes a Santiago, “algo que agora semella non compartir ou non importar”, e recordou que máis recentemente, sendo xa alcalde, “Bugallo reiterou o seu rexeitamento á implantación da taxa turística, argumentando que Santiago é unha cidade de peregrinacións e de acollida, polo que é moi díficil poñerlle cláusulas ás portas da cidade”. Para a voceira de Compostela Aberta, “outra vez o Goberno de Bugallo acerta cando rectifica, e agora só agardamos que o desexo expresado por Marta Abal no Pleno se traduza nunha petición formal á Xunta de Galicia para que se habilite ese instrumento, que sería fundamental para a nosa cidade”. Lois incidiu, ademais, en que “a taxa turística permitiría compensar a perda de ingresos que vai sufrir o Concello pola supresión do imposto de plusvalías, e que segundo o Goberno ascenderá a tres millóns de euros”

Ordenanzas fiscais de 2022

En materia de fiscalidade, e de cara ás ordenanzas fiscais de 2022, Compostela Aberta introduciu onte a demanda de novas bonficacións para a zona rural de Santiago. Foi a través da emenda que se incorporou nunha proposición do BNG, que saiu aprobada ainda que cos votos en contra do PSOE. A proposta de CA contempla o incremento de bonificacións por carencia de servizos na zona rural, de xeito que a bonificación pola carencia de dous servizos pasaría do 60% vixente ao 75%; e a bonificación por carencia dun servizo subiría do 30% actual ata o 50%. A través da mesma emenda, Compostela Aberta tamén introduciu a bonificación do IBI ao 95 € dos centros e locais veciñais e socioculturais que son propiedade das asociacións veciñais.

Novas
relacionadas

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

María Rozas asina o acordo entre o Foro Cívico e as forzas políticas municipais para atender os retos de Santiago  

A candidata de Compostela Aberta cualifica de “moi positivo que se poña o foco sobre cuestións que van alén das grandes infraestruturas, e das que CA leva falando xa moitos anos como a gobernanza o turismo”

Compostela Aberta é a única formación que tén publicado e accesible o seu programa electoral

María Rozas aféalle a PSOE, PP e BNG que leven días “falando de propostas duns programas que non se sabe onde están nin que compromisos firmes incorporan”

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo