Marta Lois: “As obras en Xoán XXIII para evitar ás persoas sen fogar demostran que o PSOE de Bugallo comparte receitas co PP”

  • A portavoz de Compostela Aberta lamenta que o Goberno de Bugallo repita a actuación que xa acometera o Goberno de Conde Roa na dársena
  • CA reclama que “as cuestións estéticas non se poñan por diante da xustiza social e da atención ás persoas en situación de senfogarismo”

Compostela Aberta expresou hoxe o máis rotundo rexeitamento á actuación que o Goberno local vén de iniciar na dársena de Xoán XXIII, para evitar a  presenza de persoas sen fogar. A portavoz municipal, Marta Lois, lamentou que “o PSOE de Bugallo volva demostrar o preto que está da dereita, e copie as fallidas receitas do Goberno de Conde Roa en materia de senfogarismo”. Nesa liña, a concelleira recordou que xa en 2013, o PP acometeu unha actuación similar na dársena “que evidentemente non cconseguiu solucionar a situación das persoas sen fogar, que unicamente se trasladaron a outro punto do mesmo estacionamento”.

Marta Lois foi moi crítica co tapiado da dársena, que CA non apoiou  tampouco na Comisión Asesora de Patrimonio, na que PSOE e PP se xuntaron na defensa do proxecto. A portavoz de Compostela Aberta lamentou os argumentos do Goberno de Bugallo “que recoñece abertamente que estas obras só teñen como obxectivo mellorar a imaxe da cidade diante dos turistas, pero que en ningún momento pensa en mellorar a situación das persoas sen fogar, que non van desaparecer porque se tape o lugar que utilizan para durmir”. De feito, engadiu, “temos ao concelleiro de Obras presentando o proxecto, mentres que a responsable de Políticas Sociais, Mila Castro, está desaparecida”.

Proxecto fracasado do PP

A actuación na dársena de Xoán XXIII é moi similar á  que en 2013 acometeu o PP, “que tamén deixara esta problemática nas mans da concelleira de Obras”. Daquela, o Goberno de Conde Roa instalou unhas xardineiras para evitar o paso das persoas sen fogar, que acabaron buscando alternativas para durmir noutros puntos da mesma dársena.

Marta Lois lamentou que “Bugallo, como fixo Conde Roa, afronte a situación na dársena do punto de vista da estética, cando falamos dunha cuestión de xustiza social, cando o importante é a situación das persoas sen fogar, que se durmen en Xoán XXIII é porque segue  sen haber opcións válidas  para elas”. A concelleira de  CA lembrou que “a única decisión que adoptou o Goberno do PSOE nestes tres anos en materia de senfogarismo foi desbotar o proxecto impulsado polo Goberno de Compostela Aberta para crear un Centro Municipal de Atención Integral ás Persoas sen Fogar, que ía ser financiado con fondos europeos e que fora consensuado con entidades sociais e coas propias persoas sen fogar”. Lois incidiu en que  “a concelleira Mila Castro debería empezar a explicar que vai pasar con eses cartos, porque a realidade é que o seu mandato está chegando á súa fin, os fondos europeos seguen parados, e as persoas sen fogar seguen sen recibir as solucións que precisan”.

Novas
relacionadas

Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes

Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo