Marta Lois: “Bugallo debe convocar xa a Comisión de Peleteiro, porque ten que escoitar a alguén máis que á propiedade”

A portavoz municipal de Compostela Aberta urxe ao alcalde a procurar o consenso coa veciñanza e co tecido comercial “porque CA só apoiará unha proposta que logre ese acordo”

A portavoz municipal de Compostela Aberta urxiu hoxe a convocatoria da Comisión Mixta para o desenvolvemento urbanístico da parcela do vello colexio Peleteiro, “porque o alcalde ten que escoitar a alguén máis que á propiedade coa que xa anunciou que se vai reunir a próxima semana”. Marta Lois insistiu en que “o desbloqueo desta operación tan importante non depende de ninguén máis que de Bugallo e da súa capacidade para acadar consensos, porque CA apoiará o proxecto que sexa acordado coa veciñanza e co tecido comercial do Ensanche”.

A portavoz municipal de Compostela Aberta reclamou que non se demore máis a convocatoria da Comisión Mixta de Peleteiro, “porque é neste foro no que debe dar todas as explicacións sobre cal é a súa proposta para desbloquear a operación urbanística, e aclarar se vai defender as demandas da veciñanza ou manterse no seu posicionamento actual, que parece ser o de escoitar máis á propiedade que aos residentes e comerciantes”. Marta Lois lembrou que “na campaña electoral, Bugallo comprometeuse a ter unha solución consensuada para Peleteiro no prazo de tres meses, pero a realidade é que case tres anos despois seguimos sen ter nada”. A concelleira lamentou que “chegamos a esta situación primeiro polos intereses partidarios do PSOE, que en 2019 tumbou a proposta de Compostela Aberta pensando nas eleccións; e despois pola soberbia de Bugallo, que se resiste a asumir que o proxecto de CA era o mellor dos posibles”.

Consenso para desbloquear o proxecto

Nesa liña, o concelleiro Jorge Duarte reiterou que “para Compostela Aberta o importante na operación Peleteiro eran os usos da parcela, porque a nosa prioridade sempre foi que ese espazo non se convertera nun centro comercial en pleno Ensanche”. O edil engadiu que “unha vez que Bugallo tivo que asumir que a nosa proposta en canto aos usos era a mellor para a cidade, porque así llo dixo un informe no que gastou máis de 15.000 euros, o noso posicionamento no que tén que ver coa configuración da parcela non é outro que o de defender o consenso”. “Ese acordo”, sinalou Duarte, “xa existía en 2019 ao redor da proposta que Compostela Aberta levou a Pleno e que o PSOE decidiu tumbar por intereses electoralistas”. O concelleiro de CA lembrou que “a apertura da praza non foi para nós motivo central do debate, ao contrario que para PP e BNG, que no pasado mandato reclamaron expresamente no Pleno que a praza estivera aberta cara República Arxentina, precisamente en aras do acordo coa veciñanza e para non alterar a actual configuración da rúa”.

Novas
relacionadas
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo