Marta Lois: “Bugallo demostra a súa soberbia cando non responde á petición dunha xuntanza de quen asinou co Goberno un acordo sobre os orzamentos”

A portavoz de Compostela Aberta lamenta que o alcalde “desvele nos medios que vai incumprir algúns dos puntos do acordo” e lémbralle que o PSOE non tén maioría para sacar adiante as contas
  • María Rozas mostra a súa preocupación polas liñas fundamentais do orzamento do 2021, aprobadas o pasado 10 de setembro “mentres o Goberno segue poñendo escusas para non falar coa oposición”

A portavoz municipal de Compostela Aberta lamentou hoxe “a actitude soberbia e a pouca capacidade de diálogo que están a demostrar Bugallo e o seu Goberno que, despois de dous meses, aínda non tiveron a ben responder á petición do grupo de CA para celebrar unha xuntanza na que avaliar o cumprimento do acordo sobre os orzamentos de 2020 e empezar a falar das contas de 2021”. Para Marta Lois, o alcalde “segue sen ser consciente de que está a gobernar en minoría, de que precisa chegar a acordos, e de que a difícil situación xerada pola Covid-19 non pode servir para esquecer o papel que debe xogar a oposición”. 

A portavoz municipal de Compostela Aberta e a concelleira María Rozas compareceron en rolda de prensa para reiterar a petición dunha reunión na que avaliar o grao de cumprimento do acordo sobre os orzamentos municipais de 2020, que os grupos de PSOE e CA asinaron en febreiro. Para Marta Lois “é dificilmente xustificable que o grupo de Goberno non teña nin sequera contestado a unha carta que se lle remitiu o 18 de agosto, sobre todo cando a estas alturas xa deberiamos estar falando dos orzamentos de 2021”. A esa falta de resposta engádese o feito de que Compostela Aberta “vén de enterarse a través dunha emisora de radio de que Bugallo vai incumprir o acordo orzamentario, en concreto no relativo á dotación de parques infantís cubertos”. O alcalde afirmou nunha entrevista radiofónica que “a Covid-19 fixo mudar as prioridades de gasto”, e baixo esa escusa relegou a construción da zona cuberta de usos múltiples de Santa Marta que aparecía no acordo asinado con CA, orzada en 140.000 euros, ao tempo que incrementa novamente o gasto en luces de Nadal ata os case 260.000 euros.

Marta Lois lembroulle ao alcalde que “o PSOE precisa dalgún dos grupos da oposición para sacar adiante as contas, a non ser que Bugallo queira imitar á súa homóloga na Coruña, e compañeira de partido, e decida prorrogar os orzamentos deste ano”. “Só así”, engadiu a concelleira, “se explicaría a falta de diálogo que o alcalde está a mostrar coa oposición, da que parece esperar que lle dea todo por ben feito baixo a desculpa da pandemia do coronavirus”. A voceira de Compostela Aberta incidiu, ademais, en que “novamente o PSOE tén que elixir aliados para sacar adiante os orzamentos, e as opcións posibles son só dúas: ou un acordo pola dereita co PP, ou un acordo pola esquerda con CA, acordo para o que semella non haber interese tendo en conta a falta de respecto que supón non responder a unha comunicación remitida hai case dous meses”.

Decreto sobre as liñas fundamentais do orzamento do 2021

Pola súa banda, María Rozas afeoulle ao Goberno que “poña escusas permanentemente para non sentarse a falar dos orzamentos, primeiro a Covid e despois o feito de que o Concello aínda non coñeza cales serán as achegas do Estado”. A concelleira lembrou que “durante o pasado mandato, o Goberno de Compostela Aberta nunca coñeceu a contía desa participación nos tributos do Estado antes de ter iniciado as conversas sobre as contas cos grupos da oposición”, e engadiu que “a explicación dada polo Goberno cae polo seu propio peso cando o pasado 10 de setembro, hai xa máis dun mes, a concelleira de Facenda asinou o decreto coas liñas fundamentais do orzamento de 2021 para ser remitido ao Ministerio de Facenda, e nese documento sí aparece unha estimación das achegas estatais”.

María Rozas mostrou a súa preocupación polo contido dese decreto asinado pola concelleira Marta Abal, “porque a proposta de orzamento parece levar un camiño que CA non compartiría”. Ao respecto, explicou que o orzamento sería menor que en 2020, “precisamente nun momento de crise no que é importante facer un orzamento expansivo que atenda as necesidades da poboación de Santiago, sobre todo en materia social e de creación de emprego”. A concelleira de Compostela Aberta referiuse aos “recortes drásticos, en case cinco millóns de euros, no capítulo de transferencias, que sería onde se inclúen cuestións tan sensibles como as axudas sociais vinculadas á Renda de Garantía Básica ou ás  bolsas de comedores escolares, ou as axudas ao sector cultural”. Rozas instou ao Goberno a aclarar cales son as súas previsións, e tamén a explicar “a diminución en máis dun 30% na partida de investimentos, porque aparecen 10 millóns de euros, e a maioría desa cantidade xa está comprometida”.

A concelleira de Compostela Aberta incidiu en que “este decreto merece unha explicación por parte do alcalde e do Goberno, para aclarar estas cuestións nas que hai recortes, e o contexto no que nos atopamos merece que Bugallo se sente dunha vez cos grupos da oposición para falar dos orzamentos de 2021”.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo