Marta Lois: “Bugallo menospreza a petición que lle fan vinte entidades veciñais para abrir o debate sobre a xestión da auga, e debe explicar por que”

Compostela Aberta levará ao Pleno unha proposición en apoio da iniciativa social “Auga Transparente”
  • A portavoz de CA lamenta que o alcalde “ignore as peticións realizadas pola veciñanza primeiro nun manifesto e despois nunha xuntanza cos grupos da Corporación á que o PSOE decidiu non asistir”

Compostela Aberta vólvelle reclamar ao Goberno local que convoque a Comisión asesora creada para avaliar a xestión do ciclo integral da auga, tal e como vén de solicitarlle o tecido veciñal nun manifesto asinado por unha vintena de entidades, no marco da campaña “Auga Transparente”. A portavoz municipal de CA, Marta Lois, lamentou a reacción do alcalde a ese escrito “que decidiu ignorar e mesmo menosprezar, mostrando unha vez máis a súa soberbia para reiterar que a decisión sobre o modelo de xestión da auga está tomada e para sinalar que as eleccións municipais xa foran unha unha especie de referendo ao respecto”. Para a concelleira, “coa súa actitude, Bugallo demostra a súa nula vontade de diálogo coa veciñanza que o elixiu para o cargo, e que non tivo máis intención que tomarlle o pelo á oposición cando constituíu a comisión da auga no pasado mes de xaneiro”.

Compostela Aberta levará ao Pleno, a través dunha proposición, as peticións realizadas por unha vintena de asociacións veciñais da cidade e pola Federación de Asociacións Veciñais do Rural, FERUSA, nun manifesto asinado o pasado 3 de xuño. Nese documento, as entidades lembraban que a auga “é un recurso esencial para a vida humana e o planeta, declarado pola ONU como derieto humano, e que, polo tanto, debe quedar á marxe de calquera operación de especulación”. A maiores, recordaban que “a xestión da auga en Santiago leva en mans privadas desde 1971, cun contrato vixente desde 1985, sometido a sucesivas prórrogas que foron cuestionadas polo Consello de Contas de Galicia xa no ano 2003”. Por ese motivo, as asociacións veciñais solicitan a realización dunha auditoría externa imparcial sobre a xestión da auga, así como unha avaliación do déficit de infraestruturas de abastecemento e saneamento, sobre todo no rural. Nese manifesto, as entidades veciñais apostaban por “abrir un proceso de reflexión no que tome parte a cidadanía, para debatir abertamente sobre a conveniencia ou non de que a xestión do servizo integral da auga continúe en mans privadas”.

Plantón do goberno ás asociacións

Marta Lois explicou que, despois de facer público este manifesto, as vinte entidades asinantes convocaron unha reunión á que invitaron a todos os grupos con representación na Corporación Municipal. “Lamentablemente”, sinalou a voceira de CA, “o único grupo que non se presentou na xuntanza foi o PSOE, no que é unha nova falta de respecto cara o tecido social de Santiago”. Nesa reunión, celebrada a semana pasada, “acordouse solicitarlle ao Goberno de Bugallo que encargue dúas auditorías, unha sobre a xestión da auga nos últimos anos e outra sobre a posibilidade da xestióh pública deste recurso; e tamén que abra o debate cidadán sobre esta cuestión”. Para Marta Lois, “a actitude de Bugallo non fai senón incrementar as dúbidas sobre a súa decisión de licitar un contrato cunha duración de vinte anos e por un valor de máis de 450 millóns de euros, porque é evidente que o alcalde non debera temer nin o debate público nin as auditorías se tén a certeza de que non hai máis alternativas para a xestión do ciclo da auga”.

A portavoz de CA lembrou que, tras as presións da oposición e tras os acordos adoptados no Pleno, sempre sen o apoio do PSOE, “Bugallo convocou a Comisisión asesora relativa á xestión e contratación dos servizos municipais de abastecemento de auga e saneamento o pasado 13 de xaneiro, e case medio ano despois nada sabemos nin dese órgano nin dos pasos que tén dado o Goberno en relación ao contrato que insiste en licitar”.

PODES LER AQUÍ A PROPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA ATENDER A DEMANDA VECIÑAL SOBRE A APERTURA DO DEBATE A RESPECTO DA XESTIÓN DO CICLO INTEGRAL DA AUGA

Novas
relacionadas

María Rozas asina o acordo entre o Foro Cívico e as forzas políticas municipais para atender os retos de Santiago  

A candidata de Compostela Aberta cualifica de “moi positivo que se poña o foco sobre cuestións que van alén das grandes infraestruturas, e das que CA leva falando xa moitos anos como a gobernanza o turismo”

Compostela Aberta é a única formación que tén publicado e accesible o seu programa electoral

María Rozas aféalle a PSOE, PP e BNG que leven días “falando de propostas duns programas que non se sabe onde están nin que compromisos firmes incorporan”

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo