Marta Lois: “Bugallo oculta a súa incapacidade acusando á oposición de atrasar unha convocatoria de axudas para a que ata hai dous días non sabía nin cantos cartos tiña”

A portavoz de Compostela Aberta convida ao alcalde a levar mañá mesmo a Pleno o expediente dos remanentes de 2020 “porque sabe que terá o noso apoio se destina a súa cantidade íntegra ás axudas directas aos sectores máis damnificados pola Covid”

A portavoz de Compostela Aberta cualificou hoxe de “impresentable” que o alcalde queira escudarse nunha suposta negociación coa oposición para xustificar o atraso na convocatoria de novas axudas aos sectores máis prexudicados pola crise da Covid-19. Marta Lois incidiu en que “non hai máis responsable que un Goberno que segue demostrando a súa incapacidade, que fixo as contas da leiteira cos remanentes, vendendo durante meses que tiña cinco millóns de euros dispoñibles, e que acaba de percatarse de que terá menos da metade desa cifra”. A concelleira de CA lembrou que “o 23 de marzo os grupos da oposición chegamos a un acordo unánime sobre a distribución dos remanentes que o alcalde aceptou, pero que non pode executar porque foi el o que presentou uns números que non cadraban”. En todo caso, Lois invitou ao Goberno a “levar mañá mesmo o expediente dos remanentes a Pleno, porque sabe que terá o noso apoio se destina todo o diñeiro dispoñible ás axudas directas”.

Marta Lois explicou foi o alcalde quen empezou a falar dos remanentes en febreiro, “poñendo sobre a mesa cinco millóns de euros que, dous meses despois, descubrimos que son menos da metade”. A portavoz de CA incidiu tamén en que xa en marzo, Bugallo falou cos colectivos de comerciantes e hostaleiros para dicirlles que a convocatoria de axudas que tiña que saír a finais dese mes se podía atrasar unhas semanas mentres se negociaba coa oposición o destino dos remanentes. A oposición, incidiu Lois, “foi responsable como o leva sendo desde o inicio da pandemia, e o 23 de marzo xa tiñamos unha postura unánime sobre o reparto dos remanentes. O problema é que 14 días despois, ese reparto non pode ser executado porque os 5 millóns que se nos dixo que había dispoñibles, son en realidade menos da metade”. Polo tanto, reiterou, “se non está feita a convocatoria de axudas que o alcalde prometeu para finais do mes de marzo, é únicamente pola incapacidade dun Goberno que cada día que pasa demostra con máis forza que aquilo dos bos xestores non era máis que un mito”.

A concelleira reiterou que a petición de Compostela Aberta é que o Goberno cumpra a súa palabra, a que lle deu aos grupos da oposición e tamén aos sectores da hostalería e do comercio, e que convoque novas axudas directas por un total de 3,5 millóns de euros. Para iso, dixo Marta Lois, “o equipo de Bugallo terá que procurar as fórmulas máis acaídas: destinar ás axudas os 2,5 millóns de euros que supostamente temos de remanentes de 2020, renunciar a algún dos investimentos pendentes con cargo aos remanentes do 19 e que aínda non foron executados, ou prever algún modificativo dos orzamentos deste ano 2021 que están aprobados inicialmente”. A portavoz de CA reclamoulle a Bugallo “que deixe de practicar o trilerismo, que deixe de culpar á oposición dos seus incumprimentos, e que se poña a traballar con seriedade, porque sabe que o noso grupo ben sendo sumamente responsable desde o inicio desta pandemia e seguiráo sendo, polo ben da cidade, e polo ben dos sectores que peor o están pasando nesta crise”.

Novas
relacionadas

María Rozas asina o acordo entre o Foro Cívico e as forzas políticas municipais para atender os retos de Santiago  

A candidata de Compostela Aberta cualifica de “moi positivo que se poña o foco sobre cuestións que van alén das grandes infraestruturas, e das que CA leva falando xa moitos anos como a gobernanza o turismo”

Compostela Aberta é a única formación que tén publicado e accesible o seu programa electoral

María Rozas aféalle a PSOE, PP e BNG que leven días “falando de propostas duns programas que non se sabe onde están nin que compromisos firmes incorporan”

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo