Marta Lois: “É incomprensible que o Concello de Santiago conceda menos axudas sociais en plena crise, mentres as entidades sociais estiveron desbordadas”

Compostela Aberta reclama a posta en marcha dunha campaña de difusión das prestacións sociais municipais “porque é evidente o desleixo do Goberno local á hora de difundir a Ordenanza de Garantía Básica”

A portavoz municipal de Compostela Aberta lamentou hoxe “o desleixo do Goberno local e, en particular, da concellería de Políticas Sociais, que mostra un nulo interese en difundir e informar sobre as diferentes axudas sociais municipais ás que pode acceder a veciñanza de Santiago”. Para Marta Lois, “esta actitude explica que o ano pasado, en plena crise pola pandemia da Covid-19, se reduciran as solicitudes de prestacións do Concello, mentres medraba exponencialmente o número de usuarios e usuarias de entidades sociais como Cáritas ou o Banco de Alimentos”. Para a concelleira, “estamos diante dun novo exemplo da práctica deste Goberno de Bugallo, que pretende acabar con servizos como os de conciliación, e neste caso coa Ordenanza de Garantía Básica aprobada por CA, amparándose nunha suposta falta de demanda”.

Segundo os datos facilitados polo departamento de Servizos Sociais, en 2020 o Concello tramitou 104 Rendas de Garantía Básica, 22 menos que en 2018; e 113 prestacións de rescate social, 93 menos que en 2018 (o último ano completo no que a Ordenanza foi xestionada polo Goberno de Compostela Abeta). Para Marta Lois, resulta “moi sorprendente que as solicitudes destas prestacións se vexan reducidas desta maneira en plena crise derivada da pandemia, e xusto no momento no que maior demanda de axudas sociais teñen que atender outras entidades”. Especialmente chamativo, explicou a portavoz de CA, “é o descenso das prestacións de rescate social contempladas na Ordenanza de Garantía Básica, porque se basean no principio de complementariedade con outras axudas e actúan en moitas ocasións como recurso ponte de cobertura de necesidades básicas á espera da resolución doutro recurso público, ou cando estas outras axudas son insuficientes”. En concreto, na modalide de cobertura das necesidades básicas dentro das prestacións de rescate social en 2020 concedéronse 78 axudas, fronte ás 146 de 2018.

Máis necesidades, menos axudas municipais

Marta Lois incidiu en que estes datos contrastan cos facilitados por numerosas entidades sociais como Cáritas, o Banco de Alimentos, a Asociación Paluso ou a Cociña Económica, “que desde o inicio da pandemia veñen facendo chamamentos recoñecendo ter dificultades para atender todas as demandas de axuda que reciben”.- No caso concreto de Cáritas Interparroquial Santiago, o seu balance de 2020 sinala que o ano pasado atendeu a preto de 17.000 persoas na súa área de influencia, e apunta que nos primeiros meses de confinamento o número de persoas que recibiron a súa axuda incrementouse nun 43% con respecto ao ano anterior.

Para a portavoz municipal de CA, “é evidente que existe unha necesidade real de axuda por parte das persoas que sufriron as peores consecuencias desta pandemia, e o Goberno debe preguntarse por que estas persoas non dirixen as súas demandas ao Concello de Santiago”. Marta Lois lembrou que durante o pasado mandato fíxose un notable esforzo para dar a coñecer a Ordenanza de Garantía Básica entre os posibles beneficiarios e beneficiarias, “e nos máis de dous anos que levamos de mandato, o Goberno de Bugallo non desenvolveu ningunha iniciativa similar, nin sequera nunha crise sen precedentes como a que atravesamos, cando por exemplo sí fixo difusión dun recurso estatal como é o Ingreso Mínimo Vital”. Por ese motivo, Compostela Aberta levará ao Pleno unha moción na que insta ao Goberno e poñer en marcha unha campaña informativa e de difusión das diferentes prestacións sociais municipais ás que pode acceder á veciñanza, dando conta das compatibilidades entre estas axudas e outras doutras administracións como son o Ingreso Mínimo Vital ou a REnda de Inclusión Social de Galicia.

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA A POSTA EN MARCHA DUNHA CAMPAÑA DE DIFUSIÓN E PROMOCIÓN PARA DAR A COÑECER AS PRESTACIÓNS SOCIAIS ÁS QUE PODE ACCEDER A VECIÑANZA DE SANTIAGO

Arquivado en:BugalloMarta Lois
Novas
relacionadas

María Rozas asina o acordo entre o Foro Cívico e as forzas políticas municipais para atender os retos de Santiago  

A candidata de Compostela Aberta cualifica de “moi positivo que se poña o foco sobre cuestións que van alén das grandes infraestruturas, e das que CA leva falando xa moitos anos como a gobernanza o turismo”

Compostela Aberta é a única formación que tén publicado e accesible o seu programa electoral

María Rozas aféalle a PSOE, PP e BNG que leven días “falando de propostas duns programas que non se sabe onde están nin que compromisos firmes incorporan”

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo