Marta Lois: “Fronte ao triunfalismo dos grandes números, existe unha fonda preocupación polo modelo turístico baseado na masificación”

Compostela Aberta pedirá ao Goberno local que explique “que accións concretas vai poñer en macha e en que prazos para garanir a sostibilidade turística”
  • A portavoz de CA lembra que “Santiago conta un Plan de Sostibilidade Turística dotado con tres millóns de euros, do que nada se sabe, e este Goberno gastou máis de 100.000 euros en estudos que non está a levar á práctica”

A portavoz municipal de Compostela Aberta mostrou hoxe a súa preocupación “pola situación vivida este verán na cidade, por mor dun modelo turístico que só pensa na masificación e que, despois do parón da Covid, volve sobrepasar os límites do sostible”. Marta Lois urxiu ao Goberno a “adoptar medidas para garantir o benestar da veciñanza, a convivencia e a protección do noso patrimonio, porque cada vez son máis as voces críticas coas actuais políticas turísticas, ainda sendo conscientes da necesaria dinamización económica en tempos de pandemia”. Por todo isto, Compostela Aberta pediralle ao Goberno de Bugallo que explique que prazos prevé para a posta en marcha de medidas concretas en prol da sostibilidade turística, “medidas que nalgúns caso xa están esbozadas nos estudos que encargou a través de contratos menores e polos que pagou miles de euros”.

Marta Lois explicou que “as xuntanzas que Compostela Aberta vén mantendo nas últimas semanas demostran que a satisfacción inicial pola recuperación da vida e a actividade nas rúas, se está convertendo nun importante malestar cun modelo que produciu o desbordamento de Santiago neste verán”. A portavoz municipal de CA apuntou a cuestións como “os colapsos na mobilidade, as imaxes de amoreamentos na liña 6 do autobús a Lavacolla, a saturación das rúas, ou os problemas na recollida do lixo, que son o froito dunha escasa planificación e dun xeito de entender o turismo que só pensa nas cifras, na masificación que se promove tanto desde o Concello como desde a Xunta ao abeiro do Xacobeo”.

Medidas urxentes

Para Marta Lois, o vivido neste verán “é o anticipo dunha situación que pode ser moito máis complicada aínda no 2022, se  non se adoptan medidas urxentes”. A portavoz de Compostela Aberta lembrou que “este debate sobre os efectos negativos do turismo masivo está presente xa en destinos europeos como Barcelona, Ámsterdam ou Venecia, que tratan de impulsar medidas que garantan un modelo máis sostible, algunhas delas xa exploradas en Santiago durante o pasado mandato como a regulación das vivendas turísticas”. 

A concelleira urxiu ao Goberno a explicar “que está a facer para garantir a convivencia entre visitantes e veciñanza e a protección do noso patrimonio, en que está a gastar os recursos do Plan de Sostibilidade Turística que está dotado con tres millóns de euros e do que aínda nada sabemos”. Marta Lois lembrou, ademais, que o Goberno de Bugallo “leva gastados máis de 100.000 euros en diferentes estudos relacionados co sector do turismo, estudos que nalgúns casos sinalan accións a desenvolver para garantir a sostibilidade turística e das que tampouco nada sabemos aínda”. Para a concelleira, “é bastante cuestionable que unha administración destine recursos públicos a definir actuacións que despois parece que non se van poñer en marcha, ou non no prazo acaído para resolver un problema que xa estamos a sufrir, e con maior intensidade nesta época de pandemia”. Nesa liña, Lois lembrou que “a única estratexia turística do Concello nos últimos dous anos foi a promoción do destino, mesmo cando a mobilidade estaba interrompida por mor da Covid, pero non se realizou ningún traballo nin para a xestión dos fluxos, nin para  garantir a sosteniblidade ambiental, a calidade do emprego, ou o benestar da veciñanza”.

Novas
relacionadas

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo