Marta Lois insta ao Goberno a impulsar unha Renda de Garantía Infantil que garanta a igualdade das crianzas

CA propón a creación dun instrumento “que permitiría superar o actual programa de bolsas escolares, que viu multiplicado o seu orzamento no pasado mandato”
  • A Renda de Garantía Infantil estaría encadrada na Ordenanza de Garantía Básica Cidadá, na que a capital galega foi pioneira

O grupo municipal de Compostela Aberta levará ao próximo Pleno unha proposición para instar ao Goberno a impulsar unha Renda de Garantía Infantil, un instrumento “que permitiría superar o actual programa de bolsas escolares, promovendo a igualdade de oportunidades no acceso á educación e á participación social”. Así o explicou a concelleira Marta Lois, que apuntou que esta renda “podería estar encadrada dentro da Ordenanza de garantía básica cidadá que o Goberno de CA desenvolveu durante o pasado mandato”.

A creación da Renda de Garantía Infantil era unha das propostas de Compostela Aberta para este mandato, “despois de que nos últimos anos o Goberno de CA fora pioneiro no relativo ás políticas sociais, conseguindo que Santiago fora un dos primeiros municipios e desenvolver unha ordenanza de garantía básica cidadá que chega a 350 familias”. Marta Lois tamén recordou o esforzo que se fixo nos últimos anos “para mellorar o Servizo de Axuda no Fogar, que duplicou o seu orzamento; para multiplicar por sete o orzamento do programa de bolsas de comedor, creando novas axudas como as da compra de material escolar e actividades extraescolares, ou as do bonotaxi”. 

Igualdade de oportunidades

Marta Lois explicou que o obxectivo da Renda de Garantía Infantil é “promover a igualdade de oportunidades no acceso á educación, de xeito que ningunha crianza quede atrás por razóns socioeconómicas”. Para iso, apuntou, a renda infantil estaría encadrada dentro da ordenanza de garantía básica cidadá e garantiría un ingreso mínimo por filla ou fillo para as familias con escasos recursos, uns ingresos que permitirían garantir os dereitos básicos  das crianzas”. Entre eses dereitos básicos, Marta Lois referíuse á alimentación e á escolarización, pero tamén “á participación en actividades culturais, deportivas ou de ocio, tan necesarias para completar a formación e a socialización das crianzas; na liña do que fixemos no pasado mandato coa creación das bolsas para actividades extraescolares”. A nova Renda de Garantía Infantil que se propón “suporía a transformación das axudas existentes, dándolle unha maior liberdade ás familias para o emprego dos recursos e facilitando notablemente os trámites administrativos para evitar situacións como a actual, na que a resolución das bolsas de comedor chega dous meses despois de terse iniciado o curso escolar”.

Competencia municipal

Marta Lois incidiu en que “é fundamental que as administracións públicas garantan os dereitos sociais de toda a poboación, e con maior insistencia os da infancia”. Nesa liña, lembrou que o dereito á educación das nenas e dos nenos “está recoñecida desde a Declaración dos Dereitos da Infancia aprobada por Nacións Unidas en 1959, e máis recentemente na Lei dos Servizos Sociais de Galicia de 2008 e no desenvolvemento do seu regulamento en 2012”.

A concelleira apuntou tamén que os Concellos teñen entre as súas competencias a de avaliar e informar de situacións de necesidade social e atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social, como sinala a Lei de Bases de Réxime Local, mentres que a Lei de Apoio á Familia e a convivencia de Galicia, de 2011, sinala que os municipios “poderán promover toda clase de actividades e prestar todos os servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da veciñanza (…) e exercerá competencias nas materias de prestación de servizos sociais comunitarios básicos e específicos, execución de programas e proxectos destinados á atención á familia, participación na xestión da atención primaria da saúde e o desenvolvemento de programas de promoción da saúde, educación sanitaria, e protección dos membros da familia con riscos específicos que se prevexan nos plans de saúde.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PROPOSICIÓN DE COMPOSTELA ABERTA PARA IMPULSAR UNHA RENDA DE GARANTÍA INFANTIL EN SANTIAGO

Novas
relacionadas

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo