Marta Lois: “O alarmante incremento dos delitos sexuais obriga a impulsar, tamén desde o local, accións concretas e estendidas ao longo do ano”

A portavoz de CA pedirá no Pleno a posta en marcha de campañas de sensibilización e prevención, a activación da APP Alerta Lila, e melloras de sinalización e iluminación do espazo público, como vén demandando o colectivo Campus do Medo
  • Compostela Aberta reclama que os Puntos Lilas de información sobre violencia machista se manteñan operativos todo o ano, e que se instalen nas festas do Apóstolo

Compostela Aberta levará ao próximo Pleno unha moción na que se recollen unha batería de medidas concretas que teñen como obxectivo loitar, desde as políticas locais, contra o alarmante incremento das agresións machistas. A portavoz de CA, Marta Lois, lembrou que, segundo datos do Ministerio do Interior, “os delitos sexuais son os que máis medraron en Santiago no primeiro trimestre do 21, porque o noso municipio non é alleo a unha preocupante tendencia que lle afecta a todo o Estado”. Por iso, a concelleira urxiu ao goberno local “a actuar coa maior premura, sen agardar a ningunha data específica para implementar accións concretas, que teñan sobre todo en conta á poboación máis nova”.

Segundo datos do Ministerio do Interior, os delitos que experimentaron un maior aumento en Santiago no primeiro trimestre de 2021 foron os sexuais. En concreto, rexistráronse nove delitos contra a liberdade e indemnidade sexual, entre eles dous delitos de agresión sexual con penetración. Tamén na Xunta Local de Seguridade celebrada o pasado 2 de xuño se puxo de manifesto o incremento significativo dos casos de violencia de xénero ao longo de 2020, e sinalouse que “actualmente hai 154 casos de violencia de xénero na cidade”.

A portavoz municipal de Compostela Aberta sinalou que “estes datos obrígannos a actuar, tamén desde o local, e con iniciativas concretas que se estendan ao longo de todo o ano, máis alá de conmemoracións de datas puntuais como o 25-N”. Marta Lois incidiu en que “son precisas políticas que se centren nos agresores, que non responsabilicen ás vítimas, e que lle dean visibilidade aos distintos colectivos de mulleres que poden estar sufrindo agresións sexuais”. Tamén apostou por implicar aos homes na denuncia e na tolerancia cero das agresións e por incidir especialmente na poboación moza e universitaria, para impedir a normalización das agresións nos espazos de ocio”. Nesa liña, Marta Lois lamentou que o Concello de Santiago “siga sen atender moitas das demandas realizadas polo colectivo Campus do Medo, que ben visibilizando a través das súas redes os lugares nos que as mulleres foron obxecto de intimidacións e agresións”.

Na moción que defenderá no próximo Pleno, Marta Lois insta ao Goberno a levar a cabo, no vindeiro curso escolar, unha campaña de sensibilización e prevención, en colaboración cos centros de ensino secundario e coa Universidade de Santiago. Tamén demanda que se aseguren os recursos necesarios para atender as demandas do colectivo Campus do Medo en relación á garantir mellor iluminación e sinalización de determinados espazos públicos: que se poña en funcionamento a APP contra as violencias machistas “Alerta Lila”, que quedara implementada ao remate do pasado mandato; e que se organicen obradoiros municipais de autodefensa feminista.

Puntos Lilas

Ademais, nesta moción inclúese a petición de que o Goberno local poña en funcionamento, durante todo o ano, os Puntos Lilas de información sobre a violencia machista nos espazos públicos de Compostela. Marta Lois lembrou que estes puntos “que foron ferramentas pioneiras no anterior mandato, permiten ofrecer información, acompañamento e primeira atención a calquera muller que poida vivir un episodio de violencia machista”.

Ainda que Compostela Aberta aposta porque estes Puntos Lilas se manteñan no tempo, neste Pleno de xuño o grupo municipal tamén defenderá un rogo para a súa instalación máis inmediata, durante as festas do Apóstolo. Na petición, a concelleira Branca Novoneyra lembra as advertencias da Delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero, Victoria Rosell, sobre a previsible escalada de violencias machistas, “que obriga aos concellos a facilitar todos os recursos e loitar contra as violencias silenciadas”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA A POSTA EN MARCHA DE POLÍTICAS LOCAIS CONTRA AS AGRESIÓNS SEXUAIS

PODES CONSULTAR AQUÍ O ROGO DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA QUE SE ESTABLEZAN VARIOS PUNTOS DE INFORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO DURANTE AS FESTAS DO APÓSTOLO

Novas
relacionadas

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo