Marta Lois: “O Concello e a Xunta deben investigar e explicar que fallou no protocolo para que os bombeiros de Santiago non se desprazaran a Sigüeiro”

A portavoz de Compostela Aberta lamenta “as explicacións pouco transparentes do Goberno e as declaracións confusas do alcalde e do concelleiro de Seguridade”

A portavoz municipal de Compostela Aberta reclamou hoxe unha investigación que aclare que fallou nos protocolos establecidos, e por que os bombeiros de Santiago non se desprazaron o pasado venres a Sigüeiro para intervir no incendio no que morreu unha muller duns 60 anos e resultou ferido grave o seu fillo, de 39. Marta Lois lamentou “as explicacións pouco claras que se están a dar desde o Concello”, e urxiu a aclarar “quen e por que decidiu que os bombeiros non se mobilizaran, e se foron informados da gravidade real da situación no veciño concello de Oroso”.

Marta Lois trasladou o pesar de Compostela Aberta polo falecemento da muller e desexou a recuperación do home que segue hospitalizado, e lembrou que “este tráxico suceso parece ter detrás o drama social dunha familia que ía ser desafiuzada, un contexto que é preciso lembrar porque tamén requeriría das actuacións das administracións públicas”.

Diante da polémica xurdida polo feito de que os bombeiros de Santiago non se desprazaran para atender o incendio, Marta Lois salientou que “é precisa unha investigación que aclare os motivos polos que os efectivos do parque de Compostela non se mobilizaron, porque é evidente que algo fallou no protocolo que se segue nestes casos”. A concelleira lembrou que “os bombeiros de Santiago están obrigados a desprazarse fóra do termo municipal para atender emerxencias que poñan en risco a vida de persoas, e se non se trasladaron a Sigüeiro necesariamente algo non funcionou como debería no protocolo establecido”.

Para Marta Lois, “non hai que imputar responsabilidades aos bombeiros de Santiago nin dubidar da súa profesionalidade e boa vontade, pero sí hai que explicar se foron informados da situación de emerxencia que se vivía en Sigüeiro e de que o incendio nun edificio estaba a poñer en risco a vida de persoas”. A portavoz de Compostela Aberta sinalou que “as declaracións que estamos escoitando nas últimas horas non axudan a aclarar o acontecido, porque mentres o concelleiro de Seguridade sinala que só a dirección xeral de Protección Civil pode activar o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia e ordear o desprazamento dos bombeiros de Santiago a outros municipios, o alcalde asegurou nunha emisora de radio que os efectivos composteláns terían atendido o incendio se houbera unha chamada do alcalde de Oroso ou do concelleiro responsable de Seguridade no veciño concello”. A concelleira de CA pediu “a máxima seriedade á hora de abordar este asunto, tamén por parte do grupo municipal do PP que debe ser máis claro ao respecto da información da que dispón sobre o acontecido o venres para evitar que se sementen dúbidas innecesarias sobre a profesionalidade dos integrantes do Servizo de Extinción de Incendios de Santiago”.

Á espera do parque comarcal

A portavoz de Compostela Aberta insistiu tamén en que “o debate de fondo tras o acontecido nos últimos días debe ser o do parque comarcal de bombeiros, un tema que segue enquistado e que se debe resolver canto antes”. Marta Lois lembrou que no ano 2018, o Concello, a Deputación da Coruña e a Xunta asinaron o acordo inicial para a  posta en marcha do servizo comarcal, “e naquel momento o vicepresidente da Xunta comprometeuse a negociar co Goberno do Estado para buscar fórmulas que permitiran dotar ao parque comarcal do persoal necesario a través dunha excepción na aplicación da taxa de reposición, unha cuestión que Alfonso Rueda non chegou a resolver”. Para a concelleira de Compostela Aberta, “feitos como os acontecidos en Sigüeiro poñen en evidencia que o do parque comarcal de bombeiros é un proxecto que non se pode demorar máis no tempo”.

Arquivado en:Marta Lois
Novas
relacionadas

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo