Marta Lois: “O Goberno de Santiago debe renovar o seu compromiso feminista. Non se poden dar pasos atrás nas políticas de Igualdade”

Compostela Aberta insta ao Goberno a elaborar un estudo sobre a situación sanitaria, económica e social das mulleres tras a pandemia
  • CA reclamará no Pleno a reapertura da Casa Xohana Torres e a elaboración dun programa feminista con actividades que cheguen aos barrios e parroquias

A voceira de Compostela Aberta denunciou hoxe “a parálise das políticas feministas en Santiago, nun momento no que as mulleres están a sufrir especialmente as consecuencias da pandemia e no que existe un serio risco de que a Covid sirva tamén de escusa para dar pasos atrás en materia de igualdade”. Marta Loi reclamoulle ao Goberno do PSOE “que, cando estamos ás portas do 8M, renove o seu compromiso feminista e que iso se traduza en accións concretas, que continúen co traballo realizado ao longo do pasado mandato”.

Marta Lois lamentou que “pasados vinte meses do actual mandato, obsérvase certa parálise nas políticas de igualdade que non debe xustificarse na Covid-19, porque precisamente a pandemia estálle afectando especialmente ás mulleres en ámbitos como o da saúde, o emprego, ou a conciliación”. Para a portavoz de Compostela Aberta, “a actual situación de excepcionalidade non fai máis que urxir o fortalecemento das políticas feministas e de accións que se iniciaron no pasado mandato co Goberno de CA”. 

Moción para o Pleno

Por ese motivo, Lois anunciou que Compostela Aberta levará ao próximo Pleno unha moción na que insta ao Goberno a elaborar un estudo sobre a situación sanitaria, económica e social das mulleres de Santiago tras o comezo da pandemia; e a darlle cumprimento ao Plan de coidado e conciliación “Compostela coidadora”, “unha cuestión que nos preocupa especialmente porque este Goberno está a demostrar un enorme desinterese nesta materia, con medidas que vimos denunciando como o encarecemento dos programas de conciliación”.

A portavoz de CA tamén reclamará no Pleno a reapertura da Casa Xohana Torres e a posta en marcha dunha programación regular cando as restricións da Covid-19 o permitan, “porque este espazo foi un éxito colectivo das mulleres de Compostela e do movemento feminista, e non pode ficar esquecido polo actual Goberno”. Nesa liña, Lois amén solicita do Goberno que desenvolva un programa feminista amplo, con actividades e eventos tanto nos barrios como nas parroquias de Santiago, así como o apoio da Corporación Municipal ás mobilizacións e ás reivindicacións do movemento feminista de cara á celebración do Día Internacional das Mulleres o 8 de marzo.

Por último, a moción de CA tamén insta á Xunta a construir unha Casa de Acollida en Santiago, como solución habitacional transitoria para as mulleres vítimas de violencia de xénero, e a dar resposta e impulsar todas as medidas solicitadas polo Pleno do Concello de Santiago nos últimos anos, con motivo da celebración do 8M, en materia de xénero, de igualdade salarial, inserción laboral, corresponsabilidade e conciliación e violencia de xénero.

Catro anos de avances

Marta Lois lamentou que a parálise das políticas municipais de Igualdade “estean a frear neste mandato as inercias que se xeraron durante o Goberno de Compostela Aberta, cando entendimos que era preciso desenvolver accións transversais, dirixidas a toda a poboación e non só ás mulleres”. A concelleira lembrou que durante o pasado mandato rexistráronse importates avances, como a  elaboración do “Observatorio local de igualdade de xénero”, a apertura da “Casa das Mulleres Xohana Torres”, a recuperación dos Premios Xohana Torres, as actividades de empoderamento das mulleres sobre todo no rural, ou a denominación con nomes de mulleres para infraestruturas tan relevantes como o Estadio municipal Verónica Boquete, o aeroporto Rosalía de Castro ou a Ludoteca María Miramontes das Fontiñas.

PODES CONSULTAR AQA MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA A CONTINUIDADE DA AXENDA FEMINISTA NAS POLÍTICAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E O APOIO A CELEBRACIÓN DO 8-M

Novas
relacionadas

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo