Marta Lois: “O Goberno non pode permitir que sigan pechados máis de 40 postos da Praza de Abastos”

Compostela Aberta propón a convocatoria dun concurso, acompañado dunha liña específica de axudas, para darlle un uso aos espazos desocupados do mercado, priorizando proxectos de economía social e que permitan a inserción laboral de persoas desempregadas de longa duración

Compostela Aberta propón que o Concello impulse un concurso para ocupar os máis de corenta postos que están baleiros nas naves da Praza de Abastos, dándolle prioridade a proxectos de economía social e que permitan a inserción laboral de persoas desempregadas de longa duración, nomeadamente mulleres. A concelleira Marta Lois explicou que este proceso “debería ir acompañado da posta en marcha dunha liña de axudas específicas, que tería como obxectivo revitalizar o mercado mantendo o seu carácter tradicional e evitando un modelo orientado únicamente ao turismo”.

Marta Lois defenderá no próximo Pleno unha moción “que tén como obxectivo procurar fórmulas para coidar a Praza de Abastos, conservando o seu principal valor: a aposta polos produtos de proximidade e de calidade”. A concelleira de Compostela Aberta incidiu en que “ainda que o mercado sexa o segundo lugar máis visitado de Santiago, non podemos caer na súa turistificación, e non podemos permitir unha mudanza dos usos que acabe destruíndo a súa esencia”. Nesa liña, Lois sinalou que “a Praza tén que apostar pola innovación e por ampliar a mellorar a súa oferta e os seus servizos, e iso é incompatible con manter os postos que están pechados a día de hoxe”. Tal e como explicou, na actualidade están baleiros máis de corenta postos nas distintas naves, “unha situación que obriga ao Concello a ser proactivo”.

Para darlle unha saída a eses postos, Compostela Aberta propón que o Concello impulse un concurso no que se prioricen, por unha parte, proxectos vinculados coa economía social e, por outra, aqueles que partan de colectivos en situación de desemprego de longa duración,  nomeadamente mulleres. Marta Lois sinalou que ese proceso debera ir acompañado dun programa de axudas “que facilite a posta en marcha deses proxectos, vinculados á economía social e á promoción de productos locais, de comercio xusto, de produción ecolóxica ou tradicionais galegos”. A concelleira de CA apostou porque este proceso “se desenvolva coa participación do tecido asociativo veciñal, comercial, universitario, e en xeral coa cidadanía, para que sexan participes no deseño, elaboración e implementación desta iniciativa, que sería pioneira en Compostela e que sería positiva nunha dobre vía: a revitalización da Praza, e a aposta pola creación de emprego e o emprendemento”.

Documentación
relacionada
MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA A DINAMIZACIÓN DO MERCADO DE ABASTOS MEDIANTE A OFERTA DE POSTOS BALEIROS PARA INICIATIVAS DA ECONOMÍA SOCIAL E PERSOAS EMPRENDEDORAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO
Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo