Marta Lois pide a convocatoria do Consello Municipal de Saúde para abordar a problemática do senfogarismo en Santiago

A portavoz de Compostela Aberta lamenta “o claro retroceso que está a supoñer este mandato na abordaxe da situación das persoas sen fogar”

Compostela Aberta vén de solicitar que o Goberno convoque o Consello Municipal de Saúde para celebrar unha reunión monográfica na que se dea conta das medidas que se están a adoptar para darlle cumprimento ao Plan Municipal de Atención Integral ás Persoas en Situación de Sen Fogarismo. A portavoz municipal de CA, Marta Lois, denunciou que “a día de hoxe non parece existir unha estratexia clara para abordar esta problemática, e é evidente que as accións que se están levando a cabo son insuficientes”.

Marta Lois explicou que nas últimas semanas “volvimos ter constancia de que son moitas as persoas que están durmindo na rúa en diferentes puntos de Compostela, como o Ensanche, Praterías, Xoán XXIII ou San Lourenzo; e estas situacións sempre son máis preocupantes nesta época do ano por mor das baixas temperaturas e as malas condicións climatolóxicas”. A portavoz de Compostela Aberta sinalou que “somos conscientes do esforzo que fan os equipos de Cruz Vermella por atender estas situacións, mais é evidente que a abordaxe do senfogarismo precisa dun enfoque máis integral e dunha folla de ruta clara e definida da que este Goberno carece”. Por este motivo, CA levará ao Pleno unha proposición na que demanda a convocatoria do Consello Municipal de Saúde para avaliar as actuacións municipais en materia de senfogarismo, o grao de cumprimento do Plan Municipal de Atención Integral ás Persoas en Situación de Senfogarismo aprobado no pasado mandato, e para que o Goberno dea conta de cantas persoas se atopan nesta situación. Ademais, o grupo municipal de CA urxe a posta en marcha dunha campaña de sensibilización en relación a esta problemática, e á grave vulneración dos dereitos humanos e da dignidade das persoas que supón.

Freo aos avances do pasado mandato

Marta Lois lamentou o retroceso que está a supoñer o actual mandato no que tén que ver coas políticas en materia de senfogarismo, “un asunto que nunca estivo na axenda do Goberno do PSOE, ao contrario do que pasou durante o Goberno de Compostela Aberta”. A concelleira lembrou que “o senfogarismo estivo moi presente nos titulares durante o pasado mandato por unha cuestión de intereses partidarios e, cunha enorme manipulación, mesmo por parte dunha exValedora do Pobo en sede parlamentaria”. Agora, incidiu, “esta preocupación desapareceu dos medios de comunicación, pero non das rúas, diante do desleixo dun Goberno de Bugallo que non quere facer nada diante dunha cuestión de xustiza social e dereitos humanos”.

A portavoz de CA lembrou que no pasado mandato “Santiago foi o primeiro concello galego en aprobar un Plan Municipal de Atención Integral ás Persoas en Situación de Senfogarismo, recollendo o encargo da Estratexia Estatal INtegral para as Persoas sen Fogar 2015-2020”. Este plan, apuntou a concelleira, “tiña como un dos seus eixos a creación do Centro Municipal de Atención Integral ás Persoas Sen Fogar, que ía ser financiado con fondos europeos, e que o PSOE desbotou en contra do criterio expreso das entidades que atenden esta problemática”.

Para Marta Lois, “cada vez é máis evidente que cando Mila Castro abandonou o proxecto do centro de Belvís fíxoo unicamente pensando en que esa era unha iniciativa do Goberno de Compostela Aberta e desde o convencemento de que a atención ao senfogarismo non merece un investimento de case un millón de euros de fondos europeos”. A portavoz de Compostela Aberta lamentou que “o PSOE optou por mudar o proxecto por outro, o chamado Centro de Inclusión, polo que semella ter tamén moi pouco interese, a xulgar polos prazos para o seu desenvolvemento”. Nesa liña, Lois lembrou que a Xunta de Goberno declarou deserto o concurso para a redacción do proxecto do Centro de Inclusión o 20 de setembro e tres meses despois ainda non reiniciou a licitación, ainda cando Bugallo se comprometera a aprobar o novo procedemento nun prazo de sete días.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PROPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA ABORDAR A PROBLEMÁTICA DO SENFOGARISMO NA CIDADE

Arquivado en:Marta Lois
Documentación
relacionada
PROPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA ABORDAR A PROBLEMÁTICA DO SENFOGARISMO NA CIDADE
Novas
relacionadas

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo