Marta Lois pide a divulgación da figura de Concepción Arenal, no seu segundo centenario

  • Compostela Aberta propón que o Goberno deseñe unha programación específica para dar a coñecer a obra e o pensamento da escritora, intelectual, penalista e feminista
  • O grupo de CA pide unha nova escultura coa figura da autora, de maior porte que a actual e que ocupe un lugar máis destacado da cidade

Compostela Aberta levará ao Pleno do próximo mércores unha moción na que insta ao Goberno a divulgar a figura de Concepción Arenal, con motivo do 200 aniversario do seu nacemento. Marta Lois deu a coñecer hoxe a iniciativa, “que pretende poñer en valor a obra e o pensamento da escritora, intelectual, penalista e feminista; renovando un recoñecemento que Santiago xa lle ten feito dándolle o nome de Concepción Arenal a unha rúa, á biblioteca central da USC no Campus VIda ou ao ambulatorio do Ensanche”. A concelleira de CA enmarcou esta proposta “na necesidade de seguir reivindicando que Compostela é Territorio das Mulleres”.

Marta Lois incidiu na “grande transcendencia da vida, do compromiso e da obra de Concepción Arenal, que foi precursora de moitas das conquistas das mulleres de décadas posteriores”. A concelleira salientou que a escritora “foi unha adiantada ao seu tempo, loitou por ter as mesmas oportunidades que na súa época só tiñan os homes, e de feito desafiou as normas da época estudando Dereito na Universidade Central, vestida con roupas masculinas porque as mulleres non podían acceder entón aos estudos superiores”. Ademais, Marta Lois recordou que Concepción Arenal foi unha das promotoras da asociación das “Magdalenas”, que traballaba coas mulleres presas para, entre outras cuestións, explicarlles o Código Penal vixente; e puxo o acento no “pacifismo e humanitarismo que caracterizaron o pensamento de Concepción Arenal, que sempre reclamou o protagonismo das mulleres en todas as esferas da vida social”

Programación específica e nova escultura

Na moción que será debatida no Pleno do mércores, Compostela Aberta insta ao Goberno a encargar unha nova escultura coa figura de Concepción Arenal, de maior porte que a que existe na actualidade e que está localizada na porta da Pena, xusto na cima da Costa Vella. O grupo municipal de CA demanda que esa escultura sexa instalada nun espazo público máis destacado da cidade.

Ao tempo, a proposta de Marta Lois urxe ao Goberno a deseñar unha programación específica sobre Concepción Arenal na Casa das Mulleres “Xohana Torres”, para mostrar as facetas da súa obra literaria, ensaística e feminista. Para iso, proponse que o Concello estableza as necesarias canles de diálogo e participación co tecido asociativo cultural, veciñal e feminista, para que sexan partícipes da celebración do 200 aniversario do nacemento da escritora.

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DE COMPOSTELA ABERTA PARA A CELEBRACIÓN DO BICENTENARIO DO NACEMENTO DE CONCEPCIÓN ARENAL

Novas
relacionadas

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo