Marta Lois pide explicacións pola recepción prevista no Concello á plataforma “One of Us”, da que forman parte entidades como Hazte Oir ou Red Madre

  • A entidade, que celebrará unha convención en Santiago os días 18 e 19 de outubro, centra a súa acción en cuestións como “a protección da familia baseada no matrimonio de home e muller ou o rexeitamento da ideoloxía de xénero”

 

A concelleira Marta Lois vén de presentar hoxe unha pregunta para a súa resposta por escrita por parte do Goberno, en relación á convención da Federación Europea “One of Us” que se vai celebrar en Santiago os próximos días 18 e 19 de outubro. Compostela Aberta quere saber se o Goberno vai ofrecer unha recepción oficial aos participantes neste seminario, tal e como figura no programa do evento publicado pola plataforma.

Na pregunta rexistrada hoxe, Marta Lois explica que a Plataforma Cultural “One of Us”, “conta en España con integrantes como Red Madre, Hazte Oir, a Federación Provida ou CitizenGo; e no seu manifesto esta entidade fala de traballar en asuntos como a protección da familia baseada no matrimonio de home e muller ou o rexeitamento da ideoloxía de xénero”. Máis aínda, explica a concelleira, “o manifesto desta federación fala da crise actual que vive Europa, e relaciónaa con cuestións como a aceptación social do aborto ou certas formas de feminismo radical”. Para Marta Lois “estes postulados son totalmente incompatibles cos acordos que se teñen adoptado no Pleno da Corporación, mesmo coa Declaración Institucional contra as violencias machistas aprobada no pleno de setembro na que se incidía en que a causa destas violencias está directamente  vinculada coa hexemonía da cultura patriarcal e dos roles de xénero”

Na pregunta, Marta Lois pide que o Goberno aclare se efectivamente ten previsto organizar unha recepción oficial aos integrantes da plataforma “One of Us” como se recolle no programa do seu seminario, e tamén que explique se o alcalde ou algún outro membro do Goberno vai participar na inauguración ou en calquera das actividades previstas nese encontro. Tamén pide que se explique se desde o Concello se mantivo algún contacto previo para promover a celebración do seminario en Santiago.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PREGUNTA REXISTRADA HOXE

Novas
relacionadas

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo