Marta Lois pide que o Goberno prolongue as exencións nas taxas de terrazas e do lixo para o sector da hostalería

A voceira de Compostela Aberta lembra que “a hostalería é un dos sectores que está a sufrir con especial intensidade as consecuencias da crise da Covid-19”
  • O grupo municipal de CA levará ao Pleno unha moción que recolle medidas dependentes tanto do Concello como da Xunta e do Goberno do Estado

A voceira de Compostela Aberta instou hoxe ao Goberno local a adoptar novas medidas para axudar á sustentabilidade do sector hostaleiro, “un piar fundamental na economía de Santiago, que está a sufrir con especial intensidade as consecuencias da crise do coronavirus”. Para Marta Lois, “o Concello tén que ser proactivo no marco das súas competencias, e máis cando a Xunta segue tomando decisións de xeito arbitrario e unilateral, que lle prexudican enormemente a un sector do que viven milleiros de familias na nosa cidade”. Por iso, o grupo municipal de CA levará ao próximo Pleno unha moción para reclamar medidas urxentes que contribúan a conservar o emprego na hostalería.

A voceira de Compostela Aberta lamentou “a criminalización que está a sufrir a hostalería, para a que se están aplicando restricións máis duras que para outros sectores, restricións que repercuten moi negativamente en moitos negocios e na súa capacidade para manter o emprego”. Nesa liña, Marta Lois criticou que “a Xunta de Galicia non está a escoitar ao sector, e iso dificulta unha volta ao traballo dunha forma paulatina e segura”. Pola contra, dixo, “o Goberno galego impón medidas sen moito sentido, como impedir que os establecementos de ocio nocturno poidan traballar cumprindo todas as medidas sanitarias e co horario límite de peche da 1 da madrugada como no resto de locais de hostalería”. 

Concello proactivo

Marta Lois explicou que Compostela Aberta “vén mantendo encontros co sector da hostalería, para recoller as súas demandas”. Coa moción que se debatirá no Pleno do próximo xoves, CA quere instar ao Goberno local a “atender as demandas do sector hostaleiro que son de competencia local”. Entre elas, Marta Lois citou a extensión das exencións das taxas de terrazas e do prezo público da recollida de residuos comerciais e industriais, como mínimo, ata o verán de 2021. A voceira de CA lembrou que “esta medida foi xa aprobada para o periodo de tempo correspondente ao estado de alarma, pero é evidente que o sector da hostalería estáo a ter moi complicado para retomar certa normalidade”.

Ademais, Compostela Aberta pedirá que o Goberno atenda a demanda que vén realizando o sector para que o Concello permita a instalación de estufas de calefacción que permitan prolongar o uso de terrazas ata finais de ano. Trátase, apuntou a concelleira, “de facilitar a actividade no exterior dos locais, mentres se manteñen as restricións e os aforos no seu interior”.

Demandas á Xunta e ao Goberno Central

A moción presentada por Compostela Aberta tamén pide que a Corporación inste á Xunta de Galicia a “consensuar co sector un plan de rescate que contemple medidas económicas e axudas directas para que a hostalería galega poida manter o emprego; a aprobar unha exención das taxas autonómicas á hostalería como mínimo ata o verán de 2021, e a non discriminar os locais de ocio nocturno, permitindo a súa apertura nos mesmos horarios que o resto de locais”.

Por último, o grupo municipal de CA quere tamén que o Pleno inste ao Estado a manter unha prórroga permanente dos ERTE ata a plena recuperación do sector, a implementar axudas directas aos traballadores e traballadoras autónomas que non poidan abrir os seus negocios, e a aprobar unha eención fiscal nas cotas da Seguridade Social, como mínimo ata o verán de 2021.

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA RECLAMAR MEDIDAS URXENTES PARA CONSERVAR O EMPREGO NA HOSTALERÍA DE SANTIAGO

Novas
relacionadas

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo