Marta Lois pídelle ao Goberno local que traballe nun plan para facilitar a conciliación na “nova normalidade” tras a crise da Covid-19

Compostela Aberta levará ao Pleno unha proposta instando ao Concello a habilitar os centros cívicos e instalacións deportivas para o desenvolvemento de actividades de conciliación para nenos e nenas de 6 a 12 anos

Compostela Aberta levará ao próximo Pleno ordinario unha proposta para instar ao Goberno local a adoptar medidas que faciliten a conciliación da vida familiar e laboral tras a pandemia da Covid-19. A concelleira Marta Lois explica que “moitas familias ven con temor un futuro cheo de incertezas en relación ao desenvolvemento da actividade educativa e de lecer dos nenos e as nenas e da propia vida laboral das persoas adultas; senten unha enorme presión porque o confinamento, a suspensión das clases e, nalgúns casos, a adaptación ao teletraballo, xa está a xerar enormes dificultades en moitos fogares”. Por iso, o grupo municipal de CA demandará que o Concello habilite espazos nos que se poidan desenvolver actividades de conciliación para nenos e nenas, cumprindo todos os requisitos de saúde pública.

Marta Lois explica que “a pandemia do coronavirus e o confinamento non fixo máis que empeorar a xa delicada situación na que se atopaban moitas familias, e nomeadamente moitas mulleres, en relación á conciliación e aos coidados”. Desde o comezo do estado de alarma “as nais e pais están a compatibilizar os coidados e a supervisión da actividade educativa das súas fillas e fillos coa adaptación ao teletraballo, ou coa actividade laboral en sectores esenciais e sensibles como a sanidade, o transporte, ou a distribución alimentaria”. Agora, co inicio da desescalada e a apertura da actividade económica, “son moitas máis as familias que se enfrontan a novas dificultades en relación aos coidados das crianzas, que continúan nas casas”. Por iso, a concelleira salienta que “mentres se toman medidas para a reactivación económica, o mundo da vida continúa a ser invisibilizado, sen medidas nin políticas públicas específicas que acheguen solucións ás necesidades de conciliación da vida laboral, familiar e persoal para evitar que neste contexto se xeren novas desigualdades”.

Apertura de centros cívicos e instalacións deportivas

Na proposta que levará ao próximo Pleno ordinario, Compostela Aberta demándalle ao Goberno local que poña en marcha unha serie de medidas urxentes en materia de conciliación e garantía dos coidados. Entre elas, o grupo municipal de CA propón a apertura dos Centros Cívicos, para que neles se desenvolva un programa de conciliación dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, con actividades que se poidan desenvolver en grupos reducidos que  permitan asegurar o mantemento da distancia física e dos requisitos de saúde pública. Na mesma liña, e baixo os mesmos criterios, solicítase tamén a apertura dos pavillóns e instalacións deportivas municipais para o desenvolvemento de actividades que faciliten a conciliación.

Ademais, Compostela Aberta instará ao Goberno a que elabore un Plan de coidado e conciliación “Compostela Coidadora”, que incida no recoñecemento e socialización da responsabilidade do coidado coas medidas e recursos necesarios.

Por último, na proposta que irá ao Pleno, CA pedirá que a corporación inste á Xunta de Galicia a abrir os centros de Educación Infantil, Primaria e ESO, con actividades lúdico-deportivas durante o verán para axudar á conciliación e reparto de coidados das familias.

Arquivado en:Marta Loissanidade
Novas
relacionadas

Compostela Aberta, BNG, PSOE e as concelleiras non adscritas presentan unha moción conxunta en apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública do 1 de febreiro

Os grupos municipais de Compostela Aberta, BNG e PSOE e as concelleiras Non Adscritas acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes xaneiro, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia para o 1 de febreiro. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo