Marta Lois reclama que o Concello poña os locais municipais a disposición do tecido comercial e asociativo

O grupo municipal de Compostela Aberta propón que espazos como o Cersia, o Teatro Principal ou os pavillóns deportivos poidan ser utilizados para xuntanzas empresariais, vendas especiais, ou actividades organizadas polo tecido asociativo

Compostela Aberta solicítalle ao Goberno local que poña diferentes locais municipais ao dispor de pequenas empresas, establecementos comerciais e tecido asociativo, para que poidan desenvolver actividades profesionais, culturais ou de difusión respectando as restricións derivadas na pandemia da Covid-19 e todos os criterios de saúde pública. A voceira de CA, Marta Lois, recolle así unha demanda que lle vén sendo trasladada en diferentes xuntanzas, “nas que pequenos empresarios e comerciantes están a expresar o seu temor polas dificultades derivadas das limitacións de aforos en oficinas ou establecementos que adoitan ter escasa superficie e nas que, polo tanto, se convirte en case imposible afrontar determinadas actividades”.

A voceira de Compostela Aberta sinalou que o Concello dispón de diferentes espazos que poderían ser utilizados polo tecido empresarial, comercial e asociativo, para reunións profesionais  de autónomos  e emprendedores, presentacións, vendas especiais, ou actividades organizadas polo tecido asociativo . Trátase, explicou Marta Lois, de actividades “que se tornan aínda máis importantes na actual crise, que resultan inviables en pequenos locais con importantes limitacións de aforo, que deben estar perfectamente ventilados en pleno inverno”. 

Marta Lois referiuse, en concreto, a espazos como o Cersia, “perfecto para a celebración de encontros e xuntanzas profesionais”, o Teatro Principal, o Auditorio de Galicia ou os auditorios dos centros socioculturais. Tamén propuxo que se poidan utilizar a ludoteca das Fontiñas, o Centro Xove da Almáciga ou o Centro Apego do Ensanche, así como os pavillóns deportivos, “que poderían ser de especial utilidade para que diferentes asociacións poidan desenvolver actividades que implican movemento e precisan de grandes espazos para manter as ditancias de seguridade”. No caso concreto da zona vella, Compostela Aberta propón que os pequenos empresarios e comerciantes poidan utilizar a Casa Elisa e Jimena Fernández de la Vega ou o Matadoiro. En todos os casos, explicou a concelleira, “deberíanse organizar calendarios que permitiran compatibilizar os usos habituais deses espazos coa súa posta a disposición de empresas e comercios”.

Por último, a voceira de Compostela Aberta propuxo que o Concello facilite a instalación de carpas en distintos puntos da cidade, para facilitar actividades de venda ao aire libre nos próximos meses, respectando as normativas sanitarias vixentes.

Novas
relacionadas

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo