Marta Lois reclámalle a Bugallo que “deixe de contar turistas e empece a pensar na sostibilidade do sector”

A portavoz de Compostela Aberta urxe o cumprimento do acordo para a aprobación dos orzamentos, que incluía a creación do Foro Cidadán sobre a Convivencia e o Turismo e do Observatorio de Sostibilidade Turística

CA volve pedir unha moratoria que impida a abertura de máis tendas de souvenirs no ámbito do Plan Especial

Marta Lois reclamoulle hoxe ao Goberno “unha maior celeridade no cumprimento do acordo para a aprobación dos orzamentos asinado entre Compostela Aberta e o PSOE, en especial nos puntos relacionados coa gobernanza do turismo”. A portavoz municipal de CA reiterou que “a recuperación da actividade turística e do nivel de visitantes despois da pandemia da Covid volve poñer en evidencia a necesidade de regular o sector para garantir que unha actividade tan importante para o desenvolvemento económico de Santiago sexa compatible coa convivencia, a calidade de vida, a conservación do patrimonio e o benestar da veciñanza”. Lois incidiu tamén na necesidade de “adoptar medidas urxentes para a protección do comercio tradicional, empezando por unha moratoria que impida a abertura de máis tendas de souvenirs no ámbito do Plan Especial”.

Compostela Aberta levará ao próximo Pleno unha proposición na que insta ao Goberno a cumprir dous dos puntos recollidos no acordo para a aprobación dos orzamentos de 2022, en concreto os referidos á convocatoria dun Foro Cidadán sobre a Convivencia e o Turismo e á creación dun Observatorio de Sustentabilidade Turística. O primeiro dos órganos debe servir “para recoller a opinión sobre a actividade turística da veciñanza, do tecido asociativo, do sector e dos diferentes grupos da Corporación”, e o segundo debera desenvolverse en colaboración coa Universidade de Santiago. Ademais, na proposición CA volve reclamar que se decrete unha moratoria na abertura de tendas de souvenirs para turistas no ámbito do Plan Especial da Cidade Histórica, e que se inicie a tramitación dunha ordenanza reguladora para a protección do comercio tradicional e de proximidade na zona vella.

Marta Lois lembrou que esta “tampouco é unha petición nova, xa a formulamos reiteradamente neste mandato porque consideramos que o corazón de Santiago non pode estar copado de tendas de souvenirs made in China, porque iso homologará a Compostela con calquera outra cidade do mundo”. Para a portavoz de CA “é urxente poñer en marcha as medidas que garantan a singularidade da nosa zona vella, históricamente vinculada ao comercio tradicional como ben se desprende do nome das propias rúas e prazas”.

Gobernanza do turismo pensando a longo prazo

Marta Lois insistiu na necesidade de “impulsar unha nova estratexia alonxada  dun  modelo de turismo intensivo que ten impactos claramente negativos para a cidade, como o encarecemento dos prezos do alugueiro, a proliferación das tendas de souvenirs fronte ao comercio de proximidade, ou a degradación estética dalgunhas das rúas e prazas máis importantes de Compostela como San Francisco, Carretas ou Acibecharía”. A portavoz de Compostela Aberta lamentou que “diante de todas esas evidencias seguimos cun alcalde que día sí e día tamén fala de récords de visitantes e pide esmero no trato aos turistas, pero non quere escoitar o que tén que dicir a veciñanza sobre os impactos negativos do turismo sen control”. A concelleira reclamoulle a Bugallo “unha maior sensibilidade  e unha mirada a longo prazo, que pasa necesariamente por cumprir o seu compromiso reflectido no acordo dos orzamentos”.

Ademais, a portavoz de Compostela Aberta recordou que “o Goberno tamén está incumprindo novamente os acordos plenarios, porque  hai máis dun ano a Corporación aprobou outra proposta do noso grupo municipal que recollía medidas concretas como a convocatoria do Consello Municipal de Turismo, a creación dun servizo de asesoramento e inspección da calidade no emprego do sector turístico, o fomento das boas prácticas laborais no sector, ou a renovación e actualización da sinalización turística de toda a cidade”. Marta Lois lamentou “o nulo cumprimento destes acordos, nun novo exemplo de que o Goberno menozpreza ao Pleno, e as propostas da oposición que xorden de recoller as preocupacións da veciñanza que o alcalde non quere escoitar”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PROPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA A GOBERNANZA DO TURISMO IMPULSANDO UNHA REFLEXIÓN COLECTIVA SOBRE ESTA ACTIVIDADE E A NECESIDADE DE MEDIDAS PARA COMBATER O  TURISMO SEN CONTROL

Novas
relacionadas

A asamblea de Compostela Aberta decidirá sobre a oferta do BNG para entrar no Goberno

María Rozas insiste en que “CA reivindicará políticas progresistas e transformadoras en Santiago, desde calquera que sexa o seu rol no próximo mandato”

María Rozas: “Mentres algúns prometen enterrar 40 millóns de euros nunha soa rúa, CA comprométese a facer as obras precisas nos barrios e parroquias”

A candidata de Compostela Aberta reivindica que “nesta campaña quedou claro que só nós temos un proxecto claro para Santiago que nace das demandas da veciñanza”

CA creará unha empresa municipal para aforrar custos e mellorar servizos coma o de limpeza e a conserxería das instalacións municipais

María Rozas, André Seoane e Carminha Naveiro denunciaron “as condicións desiguais e o exceso de contratacións parciais que supón o actual sistema e concesións”

María Rozas asina o acordo entre o Foro Cívico e as forzas políticas municipais para atender os retos de Santiago  

A candidata de Compostela Aberta cualifica de “moi positivo que se poña o foco sobre cuestións que van alén das grandes infraestruturas, e das que CA leva falando xa moitos anos como a gobernanza o turismo”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo