Marta Lois reivindica “ir máis alá das políticas de visibilización do colectivo LGTBI no mes de xuño se queremos unha verdadeira Compostela Diversa”

  • A portavoz de CA preguntará no Pleno polas accións transversais comprometidas polo Goberno “e das que nada se fixo no que levamos de mandato”

A portavoz municipal de CA avogou hoxe, no Día do Orgullo, por “ir un paso máis alá das políticas de sensibilización e visibilización do colectivo LGTBI, porque unha verdadeira Compostela Diversa require dunha mirada transversal que lle afecte a toda a acción municipal”. Marta Lois invitou ao Goberno “a cumprir o seu propio programa electoral, que xa recoñecía a necesidade destas políticas integrais nas que pouco ou nada se avanzou no que levamos de mandato”.

Marta Lois preguntará no próximo Pleno polas previsións do Goberno para a incorporación da perspectiva da diversidad sexual e de xénero nas diferentes áreas da política municipal, “para darlle cuprimento ao propio programa electoral do PSOE que establecía ata oito medidas concretas nesta materia ás que aínda non se lle deu cumprimento transcorridos máis de tres anos de mandato”. Ademais, a portavoz de CA pídelle ao Goberno que explique os seus plans para establecer un sistema de prevención e detección de posibles situacións de discriminación das persoas LGTBI en Santiago. Para Marta Lois, “tamén desde a administración local debemos estar vixilantes e contribuir a frear unha tendencia preocupante en todo o Estado, e máis cando sabemos que España ten pasado do 6º ao 11º posto no ranking dos dereitos LGTBI que elabora ILGA-Europa”.

A portavoz de Compostela Aberta sinalou que a programación presentada polo Concello para celebrar o día Internacional do Orgullo “é necesaria e de gran valor para o colectivo LGTBI, pero seguen estando centradas únicamente no mes de xuño, e é evidente que iso non abonda se queremos unha verdadeira Compostela Diversa, na que fiquen erradicadas a discriminación e a violencia cara as persoas LGTBI e que a tenda verdadeiramente as súas necesidades, vulnerabilidades e dereitos”.

PODES LER AQUÍ A PREGUNTA A PREGUNTA ORAL DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA SOBRE AS POLÍTICAS PÚBLICAS PARA ATENDER A DIVERSIDADE SEXUAL E DE XÉNERO DO CONCELLO DE SANTIAGO

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo