Martiño Noriega advirte do atraso inxustificado duns orzamentos “dos que seguimos sen coñecer nin o borrador”

CA mantivo hoxe un primeiro encontro co Goberno, pero non recibiu ningunha documentación sobre as contas
  • Compostela Aberta achegará un documento coas súas propostas para os orzamentos a próxima semana

O portavoz do grupo municipal de Compostela Aberta mostrou hoxe a súa preocupación polo atraso na elaboración dos orzamentos municipais de 2020, despois dun primeiro encontro co Goberno no que nin sequera foi presentado un primeiro borrador do documento. Martiño Noriega expresou o seu convencemento de que “será imposible que se aproben as contas a finais deste mes, porque non hai un borrador fiscalizado e porque están sen aprobar os orzamentos sectoriais de Incolsa, Tussa e o Auditorio de Galicia, paso previo necesario para levar ao Pleno o orzamento consolidado do Concello”.

O portavoz de Compostela Aberta e a concelleira Marta Lois mantiveron esta mañá unha primeira reunión sobre os orzamentos municipais de 2020 coa concelleira de Economía e Facenda, Marta Abal, e co concelleiro de Presidencia, Gumersindo Guinarte. Tal e como explicou Martiño Noriega, “no encontro falouse globalmente das grandes cifras das contas, pero o Goberno non fixo entrega de ningún borrador nin de ningún documento que poida ser avaliado polo noso grupo municipal”. Para o concelleiro, “este atraso está totalmente inxustificado, e fai imposible que se cumpran os prazos que se empeña en dar o alcalde Bugallo para levar as contas ao Pleno”.

Actitude proactiva de CA

Martiño Noriega explicou que a xuntanza discorreu nun clima positivo, “nun espazo distendido que responde á interlocución previa para o acordo sobre as ordenanzas fiscais”, ainda que Compostela Aberta fixo constar “a preocupación por este atraso inxustificado, tanto na elaboración das contas como nos contactos cos grupos da oposición que arrancan a 10 de xaneiro cando no pasado mandato iniciabamos as reunións a comezos do mes de outubro”. 

O portavoz de CA explicou que “a vontade do noso grupo municipal é a do diálogo e a de ser proactivos, pero tén que haber unha reciprocidade por parte do Goberno, máis alá do bo tono nas xuntanzas”. Nesa liña, adiantou que a próxima semana Compostela Aberta farálle chegar ao Goberno un documento coas súas propostas e demandas para a inclusión no proxecto de orzamentos. Tamén a próxima semana, está prevista unha segunda reunión entre o Goberno e o grupo municipal de CA, na que Martiño Noriega agarda “que se poida falar sobre documentación e sobre aspectos concretos”

Novas
relacionadas
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo