Martiño Noriega demándalle ao Goberno “maior valentía política para poñer o Concello ao coidado dos máis febles”

Compostela Aberta absterase para facilitar a modificación das ordenanzas fiscais pola crise da Covid-19, “ainda que cremos que os cambios son insuficientes”
  • O grupo municipal de CA pídelle ao Executivo “que asuma as propostas que lles formulamos hai máis dunha semana, como a anulación da taxa íntegra de terrazas para compensar ao sector da hostalería”

Compostela Aberta absteráse no Pleno extraordinario previsto para mañá venres, no que se debaterá a modificación das ordenanzas fiscais por mor da crise da Covid-19. O grupo municipal de CA facilitará deses xeito a aprobación da proposta do Goberno, “que consideramos insuficiente para atender as necesidades que se derivan da crise sanitaria e pouco ambiciosa se queremos un Concello que realmente coide dos máis febles”.

O portavoz municipal de Compostela Aberta lamentou que “o Goberno do PSOE non teña a valentía de empregar todos os instrumentos que tén ao seu dispor para mellorararlle a situación á veciñanza, e en particular a sectores especialmente golpeados neste momento como os da hostalería e o comercio”. Martiño Noriega explicou que o grupo municipal de CA “seguindo na liña propositiva e construtiva que mantemos desde o comezo desta crise, presentámoslle ao Goberno un documento con propostas en materia de fiscalidade que axudarían a moitas persoas a afrontar esta situación”. O concelleiro incidiu en que “non condicionamos o noso posicionamento no Pleno á aceptación desas medidas, pero lamentamos que o alcalde e a concelleira de Facenda non fixeran un maior esforzo para contemplalas en maior medida, porque entendemos que irían en beneficio dos e das contribuíntes”.

Modificación do calendario fiscal

Martiño Noriega apuntou que confía en que algunhas das propostas de CA “sexan aínda tidas en conta polo Goberno, porque o que o Pleno vai facer o venres é habilitar á Xunta de Goberno para modificar o calendario fiscal durante o estado de alarma, pero non decidirá sobre as datas”. Dese xeito, o concelleiro insistiu en que “se tén vontade política, o Executivo aínda pode asumir a nosa petición de que o pago de todos os impostos e taxas municipais se demore cara final de ano, dándolle un maior respiro á veciñanza”. Para Compostela Aberta, esta medida é compatible con manter a liquidez das arcas públicas, “porque no caso dalgún desequilibrio, o Concello podería recurrir a operacións de tesourería que veñen sendo moi frecuentes nesta administración”.

De igual maneira, Compostela Aberta solicitou a modificación do calendario fiscal no relativo ao Sistema Especial de Pago, e finalmente o Goberno levará ao Pleno a modificación da ordenanza para habilitar á Xunta de Goberno a tomar decisións ao respecto durante o estado de alarma. “Queda por ver”, apuntou Noriega, “que tal e como solicitou CA o primeiro dos recibos fraccionados do IBI se emita no mes de setembro, coincidindo coa data na que terían que pagar o imposto as persoas que non opten polo pago fraccionado, e non en xullo como figura na ordenanza vixente”.

No documento remitido ao Goberno, CA tamén solicitaba a supresión do límite da débeda que as persoas contribuíntes poden aprazar ou fraccionar, e que segundo a ordenanza en vigor é de 300 euros. Finalmente, ao Pleno lévase a proposta de reducir ese límite ata os 150 euros, “unha cantidade que seguimos considerando importante para moitas familias, e que cremos que se podería reducir, se ben  agradecemos a receptividade do Goberno ao respecto”.

Taxa de terrazas

Compostela Aberta tamén lle solicitou ao Goberno que, pola situación excepcional que estamos a vivir e polas súas consecuencias para o sector da hostalería, anulara o cobro da contía total da taxa pola utilización privativa e o aproveitamento do dominio público, con independencia da duración do estado de alarma. Martiño Noriega explicou que “esta sería unha medida de compensación para o sector da hostalería, un dos máis damnificados pola situación e previsiblemente un dos que máis demorará en recuperar a normalidade unha vez levantado o estado de alarma”. O portavoz de CA lamentou que o Executivo de Bugallo “rexeitara aplicar esta medida, que é viable desde o punto de vista legal,e que supliría a outras demandadas polo propio sector de máis difícil aplicación, como a rebaixa do IBI”.

PODES CONSULTAR AQUÍ AS PROPOSTAS DE CA PARA A MODIFICACIÓN DAS ORDENANZAS FISCAIS POR MOR DA CRISE DA COVID-19

Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo