Martiño Noriega e Rafael Peña comunican a súa renuncia ás actas de concelleiro

Martiño Noriega e Rafael Peña comunicaron esta tarde a súa decisión de renunciaren ás súas actas de concelleiro, renuncia que se fará efectiva no próximo Pleno da Corporación Municipal.

Martiño Noriega e Rafael Peña comunicaron esta tarde a súa decisión de renunciaren ás súas actas de concelleiro, renuncia que se fará efectiva no próximo Pleno da Corporación Municipal. Martiño Noriega lembrou que xa tiña anunciado a súa vontade de non completar o mandato tras as pasadas eleccións municipais e de dar paso a un proceso de transición que, tal e como explicitou, “se viu acelerado tras as pasadas eleccións autonómicas”. No caso de Rafael Peña, xa tiña presentada oficialmente a súa renuncia o pasado 3 de xullo, para poder asumir novas responsabilidades no eido sindical.

Martiño Noriega mostrou o seu agradecemento á cidadanía de Santiago “por darme a oportunidade e a honra de ser alcalde desta cidade, desafiando ás leis da gravidade e demostrando que ás veces David pode gañarlle a Golliat, e permitíndome vivir unha experiencia que me vai cambiar de por vida”. O ainda voceiro de Compostela Aberta lembrou que “a política e a medicina foron sempre as dúas caras da miña vida, e agora toca centrarme no que creo que podo ser máis útil neste momento, que é a sanidade pública”. Aínda así, recoñeceu ser “unha persoa politizada desde sempre, e creo que se pode facer política máis alá das institucións, desde as plataformas cidadás, desde a rúa, e ese seguirá sendo o meu compromiso”. Noriega agradeceu o traballo do grupo municipal de Compostela Aberta “o de maior calidade humana e máis capacidade de traballo da corporación municipal”, e recoñeceu que CA “é o espazo político máis amable do que participei nunca”. Por último, mostrouse convencido de que “Compostela Aberta está chamado a xogar un rol fundamental nos próximos anos, porque seguirá sendo responsable coas máis de 11.000 persoas que depositaron a súa confianza en nós nas pasadas eleccións municipais”.

Pola súa banda, Rafael Peña lembrou que viña compatibilizando o seu traballo no aeroporto Rosalía de Castro coa actividade municipal, “e creo que formar parte dunha institución como o Concello de Santiago require dunha dedicación que eu xa non podía darlle”. Ademais, explicou que vai asumir novas responsabilidades no eido sindical, que son incompatibles coa función de concelleiro. Rafael Peña agradeceu tamén á veciñanza e aos compañeiros do grupo municipal a oportunidade de traballar por Santiago nos últimos anos.

Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo