Martiño Noriega pídelle ao Goberno que aclare se construirá o Centro de Atención Integral ás Persoas Sen Fogar

  • CA expresa a súa preocupación despois de que a concelleira Milagros Castro asegurara que mudarán o proxecto “non sei en que sentido, pero buscaremos algo interesante que necesite a cidade”

O grupo municipal de Compostela Aberta vén de reclamarlle ao Goberno que aclare os seus plans para o Centro Municipal de Atención Integral ás Persoas sen Fogar, unha actuación incluída dentro do programa ReVive-Edusi Santiago e financiada con fondos europeos. O voceiro de CA, Martiño Noriega, mostrou a súa preocupación polo futuro deste proxecto, despois de que a concelleira de Políticas Sociais, Milagros Castro, dixera publicamente que “o que estaba previsto cambiará, e nós buscaremos algo interesante a nivel social que necesite esta cidade”.

Na pregunta rexistrada hoxe, Compostela Aberta lembra que o Centro Municipal de Atención Integral ás Persoas sen Fogar foi incluído na estratexia EDUSI, no eixo de actuación referido á loita pola inclusión social e contra a pobreza. A actuación xa ten recibido o visto bo do Ministerio de Facenda para ser financiado con 800.000 euros procedentes de fondos europeos FEDER, aos que se engadirían 200.000 euros de fondos propios do Concello. O proxecto foi elaborado despois dun proceso participativo no que se implicaron administracións públicas, entidades sociais como Cáritas, FEAFES, Cruz Vermella, a Cociña Económica e o Albergue de Xoán XXIII, e entidades profesionais como a Asociación Galega pola Saúde Mental, Médicos del Mundo ou Hábitat Social; e mesmo persoas sen fogar”. Froito desa reflexión conxunta, o Goberno de Compostela Aberta presentou no pasado mandato un Centro de Atención Integral a Persoas Sen Fogar que se localizaría no edificio de Belvís que acolleu o CIAC, e que contaría cun módulo para a Atención Diúrna e outro para Área de Recollida Residencial Temporal, que paliaría o déficit que ten Santiago na atención ás persoas sen fogar porque non existen centros abertos en horario nocturno máis alá do albergue de Xoán XXIII no que as persoas só poden permanecer dez días cada mes. Ademais, tal e como lembra a pregunta de Compostela Aberta, o Plan Municipal de Atención Integral ás Persoas en Situación de Senfogarismo de Santiago, aprobado polo Consello Municipal de Saúde, recolle que o futuro centro de Belvís debe ser quen lidere e coordine a abordaxe do senfogarismo.

Malia a todo iso, a concelleira de Políticas Sociais dixo publicamente esta mesma semana que o Goberno do PSOE está estudando se o Centro Municipal de Atención Integral ás Persoas sen Fogar “é a mellor opción ou non”, e afirmou que “o que tiñan previsto cambiará, o que non sei é canto cambiará nin en que sentido cambiará”. Para o voceiro de Compostela Aberta, Martiño Noriega, “é moi preocupante que Milagros Castro asegure que van modificar un proxecto que fora acordado coas entidades sociais pero que recoñeza que non saben con que obxectivos, porque o que está a demostrar a concelleira de Políticas Sociais é que o único que pretende o Goberno do PSOE é estigmatizar todo o traballo feito por Compostela Aberta”. 

Na pregunta rexistrada hoxe, Compostela Aberta pídelle ao Goberno que aclare se ten definitivamente desbotada a construción do Centro Municipal de Atención Integral ás Persoas Sen Fogar, a que pretende destinar os fondos europeos reservados para esta actuación e se xa realizou algún trámite ao respecto diante do Ministerio de Facenda que debe autorizar o cambio de uso dos fondos. No caso de que a intención do Executivo sexa tan só reformular o proxecto, CA pide que se aclare se se abriu algún proceso consultivo e de participación como o impulsado antes da presentación do Centro.

Podes ler AQUÍ a pregunta formulada por Compostela Aberta sobre o Centro Municipal de Atención Integral ás Persoas sen Fogar

Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo