Noriega urxe a Feijóo a “garantir o uso dos recursos privados da Rosaleda e da Esperanza e reforzar a Primaria contra o coronavirus”

O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas incide en que “a Xunta debe intervir os centros sanitarios privados e utilizar as súas camas, antes de recorrer a un hospital de campaña no Multiusos de Sar”
  • Noriega lembra que os dous hospitais privados de Santiago “pertencen ao grupo HM, que tén beneficios millonarios e aínda así pídelle ao seu persoal que colla vacacións en plena pandemia para aforrar custos”

Martiño Noriega urxiu hoxe ao presidente da Xunta a “exercer as súas competencias e utilizar as ferramentas habilitadas polo Goberno central no decreto de declaración do estado de alarma, para poñer os recursos da sanidade privada ao dispor do conxunto da cidadanía diante da crise da Covid-19”. Nesa liña, o integrante da coalición Galicia En Común-Anova Mareas esixiulle a Alberto Núñez Feijóo “que utilice todas as camas dispoñibles nos dous hospitais privados de Santiago, ambos do grupo HM, antes de copiar o modelo Ifema”

Martiño Noriega reiterou hoxe que “un hospital de campaña no Multiusos Fontes do Sar debe ser a última opción para o tratamento das persoas afectadas polo coronavirus”. Antes, incidiu o tamén voceiro de Compostela Aberta, “a Xunta debe utilizar as camas que estean dispoñibles nos hospitais La Rosaleda e La Esperanza, dous centros privados que a administración pública pode intervir en función do decreto de declaración do estado de alarma”.

O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas lembrou que os dous hospitais pertencen ao grupo HM, que tal e como trascendeu nos últimos días “vén de pedirlles aos seus traballadores e traballadoras que collan as súas vacacións ou se acollan a excedencias en plena pandemia do coronavirus para aforrar custos, e iso que falamos dunha empresa que pechou 2018 cuns beneficios netos de máis de 60 millóns de euros, catro millóns de euros máis que o ano anterior, e que vén incrementando a súa facturación a unha media dun 15 por cento nos últimos exercicios”. Martiño Noriega lembrou que “parte desa facturación en Galicia tén que ver cos concertos da empresa co Sergas para a derivación de doentes para diferentes probas diagnósticas e intervencións cirúrxicas”.

Os hospitais de La Rosaleda e La Esperanza suman 119 camas, segundo o Catálogo Nacional de Hospitales publicado polo Ministerio de Sanidade en 2019, unidades de hospitalización que, insitiu Noriega, “deben ser utilizadas para atender a enfermos e enfermas da Covid-19, na medida no que estean dispoñibles”.

Intervir a sanidade privada

Galicia en Común-Anova Mareas demandou hoxe de novo ao Goberno de Alberto Núñez Feijóo que poña de inmediato a disposición da loita contra o Covid-19 todos os medios técnicos e humanos dos hospitais privados do país, antes de formular a instalación de hospitais de campaña. O voceiro da coalición, Antón Gómez Reino insistiu en que “Feijóo debe ser claro e transparente e explicar á cidadanía se vai montar camas en instalacións deportivas habendo camas libres nos hospitais privados do país”. Nesa liña, lembrou que a sanidade privada dispón en Galicia dun total de 2.285 camas, así como de 563 médicos e 1.744 profesionais de enfermería, entre outros medios materiais e humanos.

Gómez Reino insistíu en que Feijóo debe informar de inmediato á cidadanía galega e dar conta exacta de cantos recursos dispoñemos no país, “e explicar cal son as necesidades dos hospitais”, despois de que se coñecera a través dos medios  de comunicación que o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense carece de respiradores como os que o presidente galego ten cedido á Comunidade de Madrid.

Reforzo da Atención Primaria

Galicia en Común-Anova-Mareas tamén demanda ao Goberno de Alberto Núñez Feijóo o inmediato reforzamento da Atención Primaria, aproveitando ao máximo todas as ferramentas das que dispón o Servicio Galego de Saúde (Sergas), para derivar o seguimento e control domiciliario dos doentes positivos en Covid-19 mediante o programa Telea. Esta Plataforma Tecnolóxica de Asistencia Domiciliaria do Sergas é un instrumento de gran utilidade da rede pública que permitiría aos centros de Atención Primaria do país facer un seguimento completo dos doentes que deron positivo en Covid-19  e fican nos seus domicilios con síntomas leves, para facer un control mais exhaustivo e garantista para unha evolución favorable, e arroupalos no proceso de superar a enfermidade. O emprego de Telea na Atención Primaria permitiría asi descargar de trabalo aos hospitais e facer un mellor seguimento da expansión do virus.

Por outra banda, Galicia en Común-Anova-Mareas leva semanas demandando ao Goberno da Xunta que asuma as súas competencias e garanta as axeitadas medidas de protección para o persoal sanitario. “Nun momento coma este é preciso que todos e todas coidemos a quen nos coida”, sinalou Gómez Reino. “E por iso a Administración pública non pode ficar atrás e debe entregar de maneira inmediata ao persoal as mascarillas, equipos de protección individual e luvas das que dispoña, así como os recursos técnicos e asistenciais para os doentes”.

Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo