Martiño Noriega urxe ao Goberno de Bugallo a iniciar as conversas sobre os orzamentos de 2020

O portavoz ofrécese a achegar as propostas de Compostela Aberta para as contas “aínda que o PSOE non teña os deberes feitos nin o borrador preparado”
  • Noriega lamenta que o Executivo de Bugallo “está totalmente paralizado, vivindo das rendas de CA e da sumisión a Feijóo”

Martiño Noriega urxiu hoxe ao Goberno do PSOE a iniciar as conversas sobre os orzamentos municipais do ano que vén, “que deben ser o motor da cidade de cara á preparación do reto de 2021”, e mostrouse disposto a “achegar as propostas de Compostela Aberta, aínda que o executivo de Bugallo non estea aínda en disposición de presentar un documento inicial para a negociación”.

Martiño Noriega mostrou a súa preocupación polo atraso no proceso para a aprobación dos orzamentos municipais, “porque estamos a 2 de decembro sen que o Goberno teña feito ningún contacto con Compostela Aberta, que o ano pasado mantivo a primeira xuntanza co PSOE o 1 de outubro, e a oposición xa entendía que era tarde”.  O portavoz de CA mostrouse convencido de que “con este ritmo, o Goberno non estará en disposición de levar o orzamento ao Pleno para a súa aprobación ata ben entrado o primeiro trimestre de 2020”, e ofreceuse a “achegar as propostas de Compostela Aberta e as nosas prioridades, aínda que o Goberno non teña aínda borrador nin documentación preparada sobre as contas do próximo ano”.

 Prioridades de Compostela Aberta

O concelleiro explicou que “Compostela Aberta irá a esas conversas sobre os orzamentos municipais sen liñas vermellas, pero tendo claras cales son as nosas prioridades que son as que marcaron o anterior mandato: o social, o participativo, o cultural e o mantemento”. Martiño Noriega mostrou a súa preocupación polos plans do Goberno do PSOE neses catro eixos, e máis en concreto no do social, “despois de que o Executivo de Bugallo decidira abandonar o proxecto do Centro Municipal de Atención Integral ás Persoas Sen Fogar sen ter alternativa definida para os fondos europeos cos que ía ser financiado; e de que o PSOE votara en contra da creación dunha Renda de Garantía Básica Infantil, á que nin sequera se opuxo o PP”. En canto ao eixo da participación, Martiño Noriega incidiu en que “os orzamentos de 2020 deben incorporar os proxectos que foron aprobados no proceso de Orzamentos Participativos Compostela Decide que o PSOE retirou das contas de 2019, porque executalos é un compromiso da institución municipal e non de Compostela Aberta”.

Goberno vivindo de rendas

Martiño Noriega aproveitou a súa comparecencia para mostrar a súa sorpresa pola parálise do Goberno de Bugallo “que ata o de agora só está vivindo das rendas que deixou Compostela Aberta, malia a reiterar durante meses que viñan para corrixir o desastre que, dicían, fixera o anterior Goberno”. Así, o portavoz puxo exemplos como “as grandes infraestruturas que o PSOE ía redifinir, e que quedaron como están; os accesos á estación intermodal por Clara Campoamor, que ían ser un desastre para a cidade e que finalmente quedaron practicamente como estaban despois de perder varios meses na tramitación da obra; ou mesmo a licitación do transporte urbano, que segundo soubemos pola prensa vai seguir na liña definida por CA no pasado mandato”.

Un alcalde sumiso con Feijóo

Durante a rolda de prensa, o portavoz de CA foi preguntado polas declaracións da conselleira Ethel Vázquez, que asegurou que co novo Goberno todo vai en tempo e forma en relación á intermodal, e que as relacións máis cordiais permitirán que a obra se execute en prazo. Martiño Noriega sinalou que “a percepción da conselleira non se sustenta en datos obxectivos, porque o único certo é que o Goberno de Bugallo atrasou a licitación dos accesos á intermodal por mudar a localización dun carril bici, a obra está sen adxudicar en decembro, e vai ser moi difícil que estea rematada ao mesmo tempo que a primeira fase da estación”. O concelleiro ironizou con que “se este atraso se chega a producir con Compostela Aberta no Goberno, seguramente teríamos sufrido campañas de desprestixio e de acusacións gravísimas”.

Nesa liña, o portavoz de CA lamentou a interpretación que fai Bugallo da cooperación institucional co presidente da Xunta, e sinalou que “hai que colaborar co Goberno Galego, pero non desde unha postura de sumisión e baixo a complacencia con Feijóo, porque iso non é positivo para a cidade”.

Novas
relacionadas

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

María Rozas asina o acordo entre o Foro Cívico e as forzas políticas municipais para atender os retos de Santiago  

A candidata de Compostela Aberta cualifica de “moi positivo que se poña o foco sobre cuestións que van alén das grandes infraestruturas, e das que CA leva falando xa moitos anos como a gobernanza o turismo”

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo