• O portavoz de Compostela Aberta considera inaceptable a proposta de convenio para a construción da EDAR e mostra o seu respaldo ao Executivo “para esixir un acordo que se axuste ao falado”
  • Para CA é “incomprensible que se argumente que Santiago tén solucionado o problema dos verquidos para desbotar a posibilidade de utilizar os fondos europeos”

“A proposta de convenio para a construción da EDAR da Silvouta que Acuaes lle vén de remitir ao Concello de Santiago é totalmente inaceptable, porque racha cos compromiso adquiridos coa cidade, primeiro co Goberno de Compostela Aberta e despois co Goberno de Bugallo”. Así de contudente se mostrou hoxe Martiño Noriega, que expresou “o respaldo do grupo municipal de CA ao Goberno local para esixir que o acordo se axuste ao falado”. Para o portavoz de Compostela Aberta “resulta sorprendente que o Ministerio xustifique a posible perda dos fondos europeos para a depuradora non tanto nunha cuestión de prazos como no feito de que a capital galega tén solucionado puntualmente o problema de verquidos”.

Martiño Noriega mostrouse hoxe moi crítico coa proposta de convenio para a construción da EDAR que Acuaes remitiu oficialmente ao Concello esta mesma mañá, “porque non respecta os termos das negociacións que se mantiveron durante o pasado mandato para desenvolver o proxecto da Silvouta a través do diálogo competitivo, pero tampouco o que se falou co actual alcalde Bugallo”. Nese sentido, lembrou que o propio rexedor, despois das reunións celebradas en Madrid co secretario de Estado de Medio Ambiente e coa directora de Acuaes reiteraba o seu convencemento de que “empezando as obras en 2022 poderemos aproveitar a parte proporcional da subvención correspondente aos traballos”, e reiteraba que todas as administracións implicadas “imos facer todos os esforzos que estean na nosa man para escoller a mellor solución técnica e para preservar os fondos europeos“.

Cambio de criterio

O portavoz de Compostela Aberta expresou a súa incredulidade porque “un dos argumentos que dá o Ministerio para renunciar aos fondos europeos é que no anterior mandato se solucionou de maneira puntual o problema dos verquidos da depuradora”. Ao respecto, incidiu en que “se ese era o problema, xa non tiña sentido o debate do pasado mandato ao respecto dos prazos, e sobre se o cambio de localización da depuradora poñía en risco eses fondos”.

Na comunicación remitida ao Concello, sinálase que “según nos indica dicho Ministerio, los criterios adoptados para la  selección de operaciones susceptibles de  contar con financiación europea dentro del POPE 2014-2020, están directamente relacionados con el incumplimiento de la Directiva 91/271/CEE de tratamiento de aguas residuales urbanas, tal y como se reportaba en los cuestionario bienales Q2015 y Q2017 que se enviaron a la Comisión europea, y en consecuencia con el hecho de estar incluido dentro de cualquier procedimiento de infracción abierto por dicha Comisión. En el caso del Concello de Santiago, nos comunican desde el Ministerio que los reportes efectuados a la Comisión tanto de los cuestionarios bienales Q2015 como de Q2017, indicaron un grado de cumplimiento suficiente del efluente de la actual EDAR de Silvouta conforme a los parámetros exigidos, razón por la cual, la aglomeración urbana de Santiago de Compostela fue excluida del procedimiento de infracción en que inicialmente estaba incluida”.

Martiño Noriega nunha reunión con Rosa Cobos, directora de Acuaes

Martiño Noriega nunha reunión con Rosa Cobos, directora de Acuaes

Para o portavoz municipal de CA , “é sorprendente que se utilice agora este argumento, que nunca se empregou durante o pasado mandato pero ao que tampouco fixo referencia o alcalde Bugallo tras as reunións que mantivo con representantes da administración estatal para falar da EDAR, a última delas en novembro pasado”. Martiño Noriega incidiu en que “a EDAR da Silvouta está declarada infraestructura de interese xeral por parte do Estado e, polo tanto, debe ser o Estado o que asuma o seu financiamento”. Ese posicionamento, lembrou, “foi o que mantivo Compostela Aberta ao longo do pasado mandato, e foi asumido por Acuaes no seu momento, polo que non se entende este xiro no guión”.

Por último, o portavoz de Compostela Aberta tamén lamentou as declaracións da conselleira de Infraestructuras, Ethel Vázquez, “que unha vez máis demostra a súa obsesión con Santiago, e pón de relevo que é unha conselleira que non está a defender os intereses da capital galega senón únicamente os do seu propio partido”. Para Noriega, “é o momento de que Ethel Vázquez demostre a súa responsabilidade, e faga fronte común co Concello de Santiago para esixir un convenio que sexa asumible por todas as administracións”

Máis info relacionada:

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies