“Que dous señores tomen decisións a 25 anos nun despacho, sen escoitar a ninguén, e a dous meses das eleccións, mostra a súa nula calidade democrática”

Compostela Aberta reconducirá os usos anunciados para a Casa do Matadoiro “que non poden depender de ocurrencias de Bugallo en tempo de desconto”
  • María Rozas e Jorge Duarte pregúntanse “que demanda existe de novos edificios administrativos e espazos coworking, porque o que sí hai é demanda de espazos dos colectivos que utilizaban o inmoble e que foron expulsados sen alternativas”

Compostela Aberta reconducirá o acordo sobre a Casa do Matadoiro anunciado polo alcalde e a Deputación da Coruña, “que hoxe demostraron a súa baixa calidade democrática”. Así o asegurou María Rozas, que considerou “escandaloso que Bugallo acorde unilateralmente ceder un inmoble por 25 anos a dous meses dunhas eleccións, e decida o seu uso sen ter en conta á veciñanza, e sen sequera ter consultado aos voceiros dos grupos municipais”. Fronte a iso, sinalou a portavoz municipal, “CA defende que non se deseñe ningún proxecto para a casa sen manter o seu carácter de xestión participativa e aberta a colectivos e a toda a veciñanza de Santiago”.

A portavoz municipal de Compostela Aberta e o concelleiro Jorge Duarte compareceron hoxe en rolda de prensa para presentar a moción que CA levará ao Pleno da próxima semana para que o Matadoiro manteña o seu carácter participativo e aberto aos colectivos sociais e culturais de Santiago, e para valorar o acordo anunciado entre o alcalde e o presidente da Deputación. Para María Rozas, “o que hoxe fixeron Bugallo e Formoso é un xeito de facer política propio doutros tempos, porque hoxe é inadmisible que dous señores se xunten nun despacho para tomar sós decisións que son hipotecas a 25 anos e que o fagan a dous meses dunhas eleccións”. A concelleira de Compostela Aberta preguntouse se existe algunha petición para darlle os usos anunciados á Casa do Matadoiro “porque edificios administrativos hai moitos en Santiago, espazos de coworking tamén existen, e non nos consta que haxa demanda nese sentido, mentres sí nos consta que hai demanda para que o inmoble volva ter o uso que tivo antes da pandemia, cando era moi utilizado por diferentes colectivos que foron expulsados en moitos casos sen ningunha alternativa”. Para María Rozas, “tamén é curioso que durante catro anos a Deputación da Coruña non atopara fondos para diferentes demandas que se facían desde Santiago, por exemplo para a Vía Verde, e agora sí se atope 1,3 millóns de euros para este acordo in extremis, a dous meses das eleccións entre Bugallo e Formoso”. A portavoz municipal incidiu en que “por suposto CA valora positivamente a rehabilitación do inmoble e  que se procuren vías de financiamento para acometer as obras, pero non podemos apoiar que iso se faga a costa de ceder o edificio por un cuarto de século”.

Moción a debate no Pleno

Jorge Duarte explicou que o anunciado hoxe “dálle aínda máis sentido á moción que Compostela Aberta tiña rexistrada para o seu debate no Pleno da próxima semana, co obxectivo de acordar os usos da Casa do Matadoiro”. O concelleiro lembrou que “foi CA quen decidiu salvar o edificio do derrubo no pasado mandato para poñelo a disposición da veciñanza, cun sistema de autoxestión que, aínda que para algúns foi motivo interesado de burla, non era moi diferente do funcionamento que teñen moitos centros socioculturais do rural onde son os propios colectivos veciñais os que se encargan de xestionar horarios, actividades, e apertura”. Duarte insistiu en que “o modelo foi exitoso, e mantívose mesmo ao comezo deste mandato ata a chegada da pandemia da Covid, e é fácil comprobar na axenda da Casa do Matadoiro cal era o nivel de actividades que se mantiña no edificio, de moi diferentes colectivos e asociacións”. 

Para o concelleiro, “como en tantas outras cuestións, o Goberno de Bugallo tamén perdeu catro anos na Casa do Matadoiro, e non foi quen de sacar adiante a rehabilitación integral do edificio, que agora vincula ás portas das eleccións a ese acordo coa Deputación que tamén hipoteca os seus usos”. Para Duarte, “estamos diante dunha ocurrencia, dunha fuxida para diante dun alcalde que sabe que non fixo nada en todo o mandato, que viviu da herdanza recibida e que chega aos comicios sen ningún balance que presentar”. O edil de CA mostrouse convencido de que “Bugallo chega totalmente desnortado ao remate deste mandato, e se o martes nos sorprende afirmando que vai seguir adiante cunhas obras, as de Castrón Douro, que non teñen o aval da Comisión Asesora de Patrimonio Histórico, agora remata a semana anunciando un acordo co presidente da Deputación da Coruña, que é un acordo entre aspirantes a renovar cargos, un acordo entre persoas que fan un uso partidario das institucións que representan”.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo