Nin un paso atrás para recuperar o público

Ningunha campaña nin ofensiva evitará que sigamos teimando en recuperar aqueles servizos que consideremos viables e beneficiosos para a veciñanza


O Concello de Santiago anunciou este luns que Setex Aparki, a anterior concesionaria do servizo de ORA e guindastre, retirou o seu recurso contra a municipalización. Isto súmase a que o goberno central decidiu non presentar recurso contra a recuperación do servizo, tras analizar a documentación solicitada ao Concello.

Como explicou o alcalde Martiño Noriega, quedan así desbotadas “as dúas vías fundamentais para presentar recurso contra a municipalización, unha por parte das administración públicas e outra polo sector privado”, o que envía “unha mensaxe de tranquilidade tanto para o persoal servizo como para os intereses da veciñanza e do Concello”.

Aínda así, este afianzamento legal da municipalización contrasta coas informacións que nos últimos días buscan sementar dúbidas sobre a xestión directa do servizo, chegando incluso a criticar que se aplique correctamente a ordenanza municipal en vigor nada menos que dende o 2012.

O último paso é a filtración hoxe mesmo dun recurso presentado por un avogado a título individual supostamente en “interese exclusivamente cidadán”. O certo é que este recurso xéranos grandes dúbidas, especialmente pola súa opacidade.

Como indicou o alcalde, “teño coincidido como representante público co señor Carlos Abal, en varias ocasións actuando en defensa dos intereses de promotoras que alimentaron a especulación e a burbulla inmobiliaria. No contexto da miña liberdade de expresión, dubido que o interese cidadán sexa o motor deste recurso e gustaríanos saber a quen se está a representar con este tipo de accións xudiciais. As cousas está ben falalas claramente.”

A remunicipalización ORA e do guindastre culminou o pasado 15 de xuño, despois dun duro camiño cheo de obstáculos políticos e administrativos. Dende entón está xestionado directamente pola empresa municipal TUSSA , actualmente en fase de transición con vías a introducir melloras na mobilidade da cidade a partir do outono.

Non somos inxenuos, sabemos que municipalizacións como estas, ou outras realizadas neste mandato como a da asesoría xurídica do Concello, resultan incómodas para moitos axentes económicos e políticos, que ven como unha ameaza o interese de Compostela Aberta por recuperar servizos como o da auga.

Pero ningunha campaña nin ofensiva evitará que sigamos teimando en recuperar aqueles servizos que consideremos viables e beneficiosos para a veciñanza. Sempre con valentía política e sempre con seguridade xurídica, como demostra que o goberno do Estado non presentara recurso e que Setex retirara o seu. Na batalla por recuperar o público non daremos un paso atrás.

Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo