BALANCE DOS 100 DÍAS

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

A tenenta de alcaldesa e portavoz de Compostela Aberta salientou hoxe que “os primeiros cen días do mandato servíronnos para asentar as bases do que será a acción de Goberno nos próximos anos, baseada no diálogo e na participación”. María Rozas incidiu en que foron uns meses “moi intensos, nos que tivemos que atender importantes urxencias como a da situación do transporte público, e nos que reconducimos proxectos que viñan de anteriores mandatos e que foran desvirtuados polo Goberno do PSOE, como é o Centro de Atención Integral ás Persoas sen Fogar”.

A tenenta de alcaldesa fixo hoxe un balance positivo dos primeiros cen días do mandato, “nos que mantivemos centos de xuntanzas con colectivos veciñais e entidades de Santiago, recuperando unha aposta polo diálogo e pola participación que se tiña perdido nos últimos anos”. María Rozas tamén destacou a interlocución co persoal dos servizos públicos concesionados, “porque entendemos que esa é a obriga do Goberno local, e que é fundamental para garantir o seu correcto control e funcionamento”. Nese sentido, a concelleira explicou que se tén creado unha comisión de seguimento coas traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, “un dos servizos máis sensibles e nos que queremos garantir unhas mellores condicións para o persoal de cara á próxima licitación que iniciaremos nos próximos meses”; e tamén se mantén unha interlocución permanente cos traballadores e traballadoras dos centros socioculturais e de Tralusa.

Atender urxencias e reconducir proxectos

María Rozas tamén incidiu en que “nestes primeiros cen días centramos moitos esforzos en atender urxencias como as relacionadas con transporte público”. Neste sentido, a tenenta de alcaldesa salientou que “conseguimos substituir doce autobuses da flota que se atopaban en moi mal estado, e sobre os que a empresa concesionaria xa alertara a comezos de ano; e iniciamos tamén os traballos para reiniciar a licitación do servizo de transporte, despois de que o TacGal admitira os recursos contra os anteriores pregos e da publicación do convenio colectivo dos traballadores que supón importantes incrementos salariais”. Relacionado coa mobilidade, a concelleira destacou a convocatoria do Pacto Local pola Mobilidade, que non se reuniu en todo o mandato anterior, e as primeiras medidas para atender o problema da escaseza de taxis en Santiago, como a convocatoria dos exames para outorgar os permisos municipais de conductor.

Da área de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas referiuse á recuperación da filosofía do Centro Integral de Atención ás Persoas sen Fogar, “que vai ter recursos habitacionais tal e como fora concibido orixinalmente e non se limitará a ser un edificio de despachos como pretendía o PSOE”.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo