A nova depuradora será na Silvouta, máis barata, máis ecolóxica e máis moderna… a pesares da Xunta

Hoxe seguimos avanzando para que Compostela conte canto antes cunha nova depuradora máis moderna, ecolóxica e económica nos terreos que ocupa a actual EDAR da Silvouta.

Hoxe seguimos avanzando para que Compostela conte canto antes cunha nova depuradora máis moderna, ecolóxica e económica nos terreos que ocupa a actual EDAR da Silvouta. Nunha xuntanza celebrada en Madrid, Martiño Noriega e o concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro comprobaron de novo o compromiso do Ministerio para a Transición Ecolóxica coa alternativa proposta polo Concello. [Ler nota completa na web do Concello]

Unha alternativa que tal como volveu quedar de manifesto, ofrece menor impacto ambiental, económico e é a única a día de hoxe que permite seguir optando aos fondos europeos.

E todo isto a pesar dos incomprensibles intentos da Xunta, e máis concretamente da Consellería de Infraestruturas de Ethel Vázquez, por torpedear un proxecto fundamental para Compostela.

Recapitulemos. O 5 de setembro, o Ministerio para a Transición Ecolóxica desbotaba a localización do Souto para a EDAR e aceptaba a proposta do goberno de Compostela Aberta que conta con amplio consenso na corporación e nos colectivos veciñais e ecoloxistas. O 17 de outubro, Feijóo dicía tras reunirse co alcalde que, aínda sen coincidir co cambio de localización, respectaría a decisión soberana do Concello e reafirmaba os fondos comprometidos para a depuradora.

? @martinhonoriega A Xunta non parece ter interese en que se faga a depuradora en si en terxisversar o relato.

Feijóo dixo en setembro que aínda que non compartía o cambio de ubicación non ía poñer problemas para garantir os fondos, pero agora non parece estar pola labor. pic.twitter.com/XNGkDJBlXV

— Compostela Aberta (@compostelaberta) 18 de diciembre de 2018

Por iso foi unha desagradable sorpresa atoparnos con que Feijóo e Ethel Vázquez reabrían de maneira unilateral o debate da localización o pasado 27 de novembro, sementando dúbidas entre a veciñanza e sen informar previamente ao Concello.

Deslealde institucional
Non é a primeira vez que dende a Consellería de Ethel Vázquez se poñen paos nas rodas á colaboración institucional en concellos como Santiago ou Coruña.

Unha colaboración institucional imprescindible para sacar adiante grandes proxectos de cidade, pero ante a que parecen pesar máis os motivos partidistas e electorais. Hoxe mesmo tivemos outra proba, cando ao mesmo tempo que remataba a xuntanza en Madrid, os medios de comunicación recibían unha nota de prensa “lamentando a perda de fondos europeos” inexistente e solicitando incluso que os fondos para a EDAR de Santiago “se destinen a atender outras necesidades en Galicia.”

De feito, de tanto repetilo cabe preguntarse se a perda de fondos é un desexo de profecía autocumprida da Xunta e de Ethel Vázquez. Tanto o Ministerio como o Concello coinciden en a opción da Silvouta permitiría acceder a fondos europeos, xa que o proxecto formula a construción da EDAR por fases que permiten acceder a tempo ás achegas comunitarias.

E por riba, a Xunta obvia que os fondos europeos cobren a achega do Estado, non do Concello, e que incluso no hipotético caso de non contar con eles a nova depuradora na Silvouta sería moito máis económica que a do Souto. Un proxecto que hoxe está absolutamente descartado malia os intentos da Xunta por reactivalo.

O Souto, descartado
Facer a EDAR no Souto, o que Ethel Vázquez denominou como o seu “plan A”, non só sería moito máis custoso e con maior impacto ambiental, senón que a declaración de impacto ambiental está caducada. Por non falar de que o convenio para este proxecto non contou con ningún voto a favor na corporación, nin sequera o de Agustín Hernández ou da actual directora xeral de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez.

Entre tanta actuación discutible e que antepón intereses partidarios aos intereses da veciñanza, cabe agradecer polo menos que a Xunta manteña o compromiso de achegar o 20 por cento do custo da nova depuradora.

Dende logo, dende Compostela Aberta seguiremos traballando con toda vontade de colaboración, pero con toda determinación para que Santiago teña a depuradora que merece e que leva anos agardando. Un proxecto de cidade que comeza a vislumbrarse entre tantos obstáculos e política cativa.

Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo