Novo capítulo no culebrón dos comedores escolares: Bugallo exíxelle continuar co servizo a unha empresa á que non lle paga desde febreiro, e acepta unha suba de prezos que rexeitou hai 7 días

  • Compostela Aberta exixe explicacións polos acordos adoptados onte nunha Xunta de Goberno Extraordinaria, da que outra vez non se deu conta publicamente
  • María Rozas advirte que “as últimas decisións de Bugallo demostran a precipitación do Goberno, e exixiremos as responsabilidades políticas e legais que procedan”

María Rozas exixiulle hoxe ao Goberno local “que empece a ser transparente co que está a pasar cos comedores escolares, porque xa non pode esconder a súa nefasta xestión nin atribuirlle os problemas no servizo tan só á suba dos prezos como trata de facer Bugallo”. A concelleira de Compostela Aberta denunciou que “vimos de coñecer que a empresa dos comedores, que en xuño xa anunciou que rexeitaba continuar co servizo, leva sen cobrar cando menos desde febreiro”. Para Rozas, “é evidente que se a inflación lle afecta na súa conta de resultados, máis lle afecta traballar sen que o Concello lle pague o que lle debe”.

María Rozas explicou que onte celebrouse unha Xunta de Goberno extraordinaria na que se aprobou o pago de facturas pendentes a Alimentación Saudable Gallega polo servizo de almorzo e xantar nos comedores escolares correspondentes ao periodo que vai do 1 de febreiro ata o 31 de maio, por un importe total de case 350.000 euros. Como é sabido, o servizo de comedores escolares vén funcionando sen contrato e cunha orde de continuidade desde o pasado mes de xaneiro. A concelleira de Compostela Aberta sinalou que “a precipitación do Goberno de Bugallo é evidente, porque na proposta aprobada faise referencia á contratación dunha auditoría sobre estas facturas con data de 4 de agosto, o mesmo día no que se acorda o seu pago”. “Está claro”, sinalou Rozas, “que Bugallo tiña presa para pagarlle á empresa, para poder exixirlle que continuara prestando o servizo nos primeiros meses do próximo curso”.

Dúbidas legais

A maiores, María Rozas chamou a atención sobre outro acordo adoptado na Xunta de Goberno extraordinaria celebrada onte, para subir os prezos do almorzo e do xantar que se lle pagan a Alimentación Saudable Gallega ata a entrada en vigor do novo contrato que vén de licitarse. A concelleira de Compostela Aberta lembrou que “esta foi unha petición da empresa, que inicialmente o Concello rexeitou porque tal e como se sinalaba nos informes técnicos non era posible alterar os prezos nun servizo que funciona con orde de continuidade”. Rozas mostrou moitas dúbidas sobre a posible irregularidade deste acordo, e exixiulle a Bugallo “que explique con claridade todos estes acordos que se está a adoptar, como se soportan legalmente, e en que medida lle poden afectar ás familias”.

Para María Rozas, “urxe que Rubén Prol e Bugallo asuman responsabilidades, porque o seu mal facer está máis que acreditado”. Neste sentido, lembrou que a empresa comunicou o 21 de xuño que non seguiría prestando o servizo, o Goberno non adoptou ningunha decisión ao respecto ata o 26 de xullo, por mor da presión das ANPAs por non terse aberto ainda o prazo de inscrición nos comedores, cunha orde de continuidade que a prestataria rexeitou por mor da suba dos prezos. A maiores, o 28 de xullo, o Goberno ratificou que non había opción de subir os prezos tal e como reclamaba a empresa, que volveu comunicar o día 29 de xullo que non asumiría o servizo, “e agora atopamos un novo acordo do 4 de agosto polo que finalmente sí haberá esa suba de tarifas rexeitada hai unha semana”. Por iso, incidiu a concelleira de CA, “reclamaremos todas as explicacións e avaliaremos detidamente o acontecido, por se deste proceder se puideran desprender responsabilidades políticas e mesmo xurídicas”.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo