O Concello de Santiago terá que renunciar a unha subvención europea de 370.000 euros por un erro no procedemento de licitación

  • Compostela Aberta pídelle ao Goberno que asuma responsabilidades e que explique como vai financiar o Centro de Proceso de Datos do Concello que se ía acometer cos fondos Next Generation

Compostela Aberta denunciou hoxe que o Concello de Santiago vai perder unha subvención de 370.000 euros, procedente dos fondos Next Generation, por un erro no procedemento de adxudicación do contrato ao que ía destinada a axuda. A achega europea ía dirixida á implantación dunha nova estrutura de Centro de Proceso de Datos, e tal e como evidenciou a mesa de contratación celebrada o pasado venres, o Concello non poderá cumprir os prazos establecidos para xustificar a subvención ao ter que reiniciar a licitación. A portavoz de CA, María Rozas, urxiu ao Goberno “a explicar como vai financiar agora este proxecto, en serio risco por unha nova entrega desta serie protagonizada por Bugallo e que leva por título A caída do mito dos bos xestores”.

O anuncio de licitación do servizo de implantación dunha nova estrutura de Centro de Proceso de Datos do Concello de Santiago foi publicado o 19 de setembro na Plataforma de Contratación do Estado, e o prazo para a presentación de ofertas finalizaba un mes despois. O 28 de setembro deuse conta dun erro material no prego técnico, relativo ao equipamento a suministrar por parte da adxudicataria. En concreto, sinálase que onde se indica que a empresa deberá ofertar “2 Switches de interconexión cada un dos cales disporá de 64 Gb RAM, cando realmente debería constar 4 Gb RAM”. Os pregos actualizados, incorporando esta corrección, foron publicados na Plataforma de Contratación do Estado o 19 de outubro, o mesmo día no que finalizaba o prazo para a presentación de ofertas. 

O 20 de outubro celebrouse a primeira Mesa de Contratación para resolver este procedemento, e os representantes da Intervención e da Asesoría Xurídica advirten que se efectuou un cambio no prego durante o prazo de presentación de ofertas que non pode considerarse simplemente a corrección dun erro material. Para analizar en profundidade as repercusións desta rectificación suspéndese a celebración da Mesa de Contratación, que volve reunirse o pasado 3 de novembro. Nesa xuntanza, a Asesoría Xurídica e a Intervención Municipal volven considerar que a modificación efectuada no prego aprobado “supón unha vulneración das normas do procedemento de adxudicación do contrato e que habería que retrotraer as actuacións ata o momento da súa comisión”. É entón cando a presidenta da Mesa advirte da imposibilidade de retrotraer o expediente, xa que non se podería adxudicar o contrato dentro do prazo establecido na convocatoria das subvencións europeas coas que se ía financiar o proxecto,  “que obriga a que o sistema a contratar estea subministrado e recepcionado antes do 15 de decembro de 2022”. Por este motivo, declárase a desistencia no procedemento de adxudicación e, polo tanto, o Concello acaba renunciando a esa subvención de case 370.000 euros.

A portavoz de Compostela Aberta, María Rozas, denunciou que “esta non é a primeira subvención á que ten que renunciar o Concello neste mandato”, e urxiu ao Goberno de Bugallo a explicar “como vai acometer agora o proxecto para a implantación do novo Centro de Proceso de Datos, unha peza fundamental dentro do procedemento para a modernización da administración local que impulsamos xa desde o pasado mandato”.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo