O Goberno de Bugallo non iniciou ningunha das licitacións de servizos comprometidas para comezos de 2020

O  grupo municipal de CA lembra que os socialistas teñen dado orde de continuidade aos servizos de mantemento de parques e xardíns, recollida do lixo e transporte urbano

Compostela Aberta denunciou hoxe o atraso que acumula o Goberno do PSOE na licitación dos servizos públicos, atraso que non é atribuíble á crise derivada da Covid-19. O grupo municipal de CA lembra que o equipo de Bugallo tivo case un ano para iniciar os procedementos de adxudicación de importantes contratos que remataban en abril, e para os que optou por aprobar ordes de continuidade, como son os da recollida do lixo e o mantemento de parques e xardíns. Tamén funciona baixo orde de continuidade o servizo de transporte urbano.

Despois de que a Xunta de Goberno aprobara hoxe a orde de continuidade do contrato con Cespa para o mantemento dos parques e xardíns, Compostela Aberta lembra que o PSOE era sabedor desde a súa chegada ao Goberno da imposibilidade de prorrogar este contrato a partir do mes de abril. Nese sentido, a concelleira responsable do departamento, Mila Castro, pronunciouse en repetidas ocasións nos medios de comunicación, comprometéndose a ter licitado o servizo durante a primavera de 2020. Mesmo en novembro pasado adiantou nun xornal algúns detalles dos pregos para a licitación, que xusto medio ano despois ainda non foron aprobados.

Do mesmo xeito, a concelleira imcumpriu o seu compromiso de ter adxudicado o novo contrato da recollida do lixo na primavera, e este servizo funciona a día de hoxe cunha orde de continuidade a Urbaser aprobada tamén durante estado de alarma. Neste caso, Compostela Aberta lembra que no pasado mandato quedaran elaborados os pregos para iniciar a licitación do servizo, e mesmo se abrira unha consulta ao mercado. No que respecta ao departamento que dirixe Mila Castro, tampouco foron licitados os contratos de alumeado e do servizo de abastecemento de auga,

Ademais, o Goberno do PSOE non conseguiu iniciar a licitación do servizo de transporte urbano. Neste caso, Compostela Aberta tamén deixara elaborados os pregos no pasado mandato, tamén cunha orde de continuidade a día de hoxe.

Para Compostela Aberta é significativo que o PSOE de Bugallo non fora quen de iniciar ningunha das licitacións de servizos pendentes no ano que leva no Goberno, e manteña a súa prestación a través de ordes de continuidade, unha figura legal que foi reiteradamente cuestionada polo grupo socialista durante o pasado mandato.

Novas
relacionadas

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

María Rozas asina o acordo entre o Foro Cívico e as forzas políticas municipais para atender os retos de Santiago  

A candidata de Compostela Aberta cualifica de “moi positivo que se poña o foco sobre cuestións que van alén das grandes infraestruturas, e das que CA leva falando xa moitos anos como a gobernanza o turismo”

Compostela Aberta é a única formación que tén publicado e accesible o seu programa electoral

María Rozas aféalle a PSOE, PP e BNG que leven días “falando de propostas duns programas que non se sabe onde están nin que compromisos firmes incorporan”

CA esixe explicacións tras coñecerse que o local de Desproi alugado polo exconcelleiro Pichel desenvolvía a súa actividade sen título municipal

O Goberno vén de ordenar a paralización da actividade no edificio nun decreto asinado o 17 de abril

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo