O Goberno de Bugallo segue sen entregarlle a CA a documentación sobre os orzamentos requirida hai vinte días

Marta Lois e María Rozas retan ao PSOE a iniciar os trámites para levar as contas a Pleno “se é certo que teñen o seu traballo feito”
  • A día de hoxe descoñécese cando se van aprobar os orzamentos do Auditorio, Tussa e Incolsa, paso previo á votación do presuposto consolidado do Concello

A portavoz municipal de Compostela Aberta, Marta Lois, e a concelleira María Rozas denunciaron hoxe “o incomprensible pasotismo que segue mostrando o Goberno de Bugallo, que a vinte días de que remate o ano segue sen avanzar nada en relación ao proxecto dos orzamentos e sen entregar a documentación ao respecto que CA lle reclamou o pasado 17 de novembro”. Para as concelleiras, “cada vez resulta máis evidente que o PSOE quere trasladar a idea de que a aprobación das contas se demora por unha negociación coa oposición que non existe, e ocultar a realidade de que non tiña os seus deberes feitos”.

A portavoz de Compostela Aberta instou novamente hoxe ao alcalde a iniciar os trámites para a aprobación dos orzamentos de 2022 e a non demorar a celebración do Pleno ata o 15 de xaneiro, como ten anunciado. Para Marta Lois, “non hai ningún motivo para non axilizar os prazos, porque é evidente que Bugallo non ten ningunha intención de negociar e menos aínda de incluir as propostas de Compostela Aberta nas súas contas”. A concelleira de CA reiterou que “se o Goberno leva vinte días sen achegarnos a información que lle solicitamos o 17 de novembro, só pode ser por dúas razóns: que non lle interesa falar con Compostela Aberta ou que en realidade esa documentación non estaba lista”. Así as cousas, sinalou Lois, “o máis sensato que pode facer Bugallo e convocar a comisión de Facenda, e estaría a tempo de celebrar o Pleno de orzamentos antes de que remate o ano”.

Expertos no enredo

A concelleira María Rozas insistiu en que “Compostela Aberta só mantivo unha reunión co Goberno para falar dos orzamentos, o pasado 17 de novembro, un dato que contrasta co que acontecía durante o pasaso mandato, cando a estas alturas xa tiñamos mantido unhas oito xuntanzas coa oposición”. Nese encontro, reiterou, “CA entregoulle por escrito ao PSOE unha lista de demandas priorizadas, exactamente as mesmas que o ano pasado porque non foron incluídas nas contas de 2021; e demandou diferente información, entre ela a relativa ao capítulo de investimentos, que a día de hoxe, vinte días despois desa xuntanza, aínda non nos foi facilitada”.

Rozas acusou a Bugallo de “non contar os verdadeiros motivos polos que fixou o 15 de xaneiro como data para a celebración do Pleno de orzamentos, porque esta demora non ten nada que ver coa suposta negociación coa oposición e sí responde á incapacidade do PSOE de ter preparadas as contas a tempo”. De feito, incidiu, “a dez de decembro nin sequera sabemos cando se van aprobar os orzamentos do Auditorio, Incolsa e Tussa, paso previo necesario para someter os presupostos consolidados á aprobación da Corporación Municipal, e iso fainos pensar que nin sequera se vai cumprir a data do 15 de xaneiro para levar as contas a Pleno”. “Cada vez é máis evidente”, concluiu Rozas, “que Bugallo segue practicando o trilerismo no que é tan experto, intentando disimular as incapacidades do seu equipo, e probablemente intentando cadrar os intereses das dúas partes do seu Goberno”.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo